Logotipo PuntoGal
Logotipo PuntoGal
M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociaciones

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociacións

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

Ferramentas

Nesta páxinas recollemos algunhas ferramentas básicas para traballar na rede en galego e de xeito seguro. Tes unha serie de trebellos e artigos de ciberseguridade que che poden axudar de xeito doado e de balde a manter seguros os teus equipos e a túa páxina web. Ademais, coas guías podes usar a rede e as principais ferramentas ofimáticas en galego, e na sección de consellos compilamos outros artigos de interese.  Se botas algo en falta, queremos escoitar as túas suxestións en info@dominio.gal

Ciberseguridade

A seguridade na rede é importante para todos: usuarios, administradores de páxinas web, rexistradores ou xestores de dominios. Desde PuntoGal botamos unha man para facer da rede un lugar máis seguro para todos.

Caixa de ferramentas da Global Cyber Alliance para ONGs

PuntoGal, en colaboración coa Global Cyber Alliance, publica unha serie de guías pensadas para facilitar as boas prácticas en ciberseguridade para distintos colectivos. Despois de publicar a adicada as pemes e xornalistas, presentamos a compilación de ferramentas para ONGs, que ofrece as ferramentas e pasos a seguir necesarios para a protección dos datos.

Ler máis

Caixa de ferramentas da Global Cyber Alliance para xornalistas

PuntoGal, en colaboración coa Global Cyber Alliance, publica unha serie de guías pensadas para facilitar as boas prácticas en ciberseguridade para distintos colectivos. Despois de publicar a adicada as pemes, presentamos a compilación de ferramentas para xornalistas e comunicadores do mundo dixital, que ofrece as ferramentas e pasos a seguir necesarios para a protección dos datos e redacción dos profesionais da comunicación.

Ler máis

Caixa de ferramentas da Global Cyber Alliance para PeMEs

Nesta caixa de ferramentas, compilada pola Global Cyber Alliance, pódense atopar trebellos que nunhas horas nos permitirán estar seguros de que o noso negocio está razoablemente seguro. Só hai que seguir os pasos marcados e usar as utilidades previstas, todas elas de balde.

Ler máis

Glosario de ciberseguridade

Coñeces estes termos asociados á ciberseguridade? A ciberseguridade é un ámbito en continua evolución debido á capacidade dos criminais para desenvolver novas ameazas. Estas ameazas multiplícanse en número, variedade e estratexias de ataque, pero tamén na súa...

Ler máis

A importancia do protocolo HTTPS

O protocolo de transferencia de hipertexto seguro, máis coñecido como HTTPS, é a versión segura do HTTP. HTTP é o principal protocolo utilizado para envíar datos entre un navegador e un sitio web. Ao mesmo tempo, HTTPS usa o cifrado para incrementar a seguridade na transferencia de datos.

Ler máis

Como aproveitan os cibercriminais os nosos despistes

Tendemos a pensar que os ciberdelincuentes pasan gran parte do seu tempo buscando novas vulnerabilidades e, polo tanto, descoñecidas para os desenvolvedores. Iso ás veces é certo, especialmente nos casos de vulnerabilidades de día cero. Trátase de vulnerabilidades descoñecidas e para as que, polo tanto, non existen solucións. Son moi "rendibles" unha vez descubertos, pero custosos de identificar.

Ler máis

Como protexerse dos ataques de enxeñaría social

O nivel de seguridade alcanzable a nivel de software e hardware é elevadísimo, e cada día refórzase máis esa seguridade e son xeneradas novas proteccións. Con todo, nada diso é efectivo perante un ataque de enxeñaría social, por iso esta ameaza é tan perigosa.

Ler máis

Sistemas de seguridade para formularios web

Os formularios son unha das maiores fontes de problemas de seguridade e spam en sitios e aplicacións web, xa que son a principal maneira coa que os usuarios podemos ingresar datos nunha aplicación. Un formulario pouco seguro pode producir problemas diversos.

Ler máis

Seguridade no correo no 2022

O correo electrónico segue sendo a porta de entrada a grandes cantidades de malware, así como o obxectivo de calquera ataque baseado na enxeñería social. A través do correo electrónico podemos atopar ficheiros infectados, troianos, ligazóns a páxinas web fraudulentas ou unha historia que nos atrapa e que nos leva, co paso do tempo, a ser vítimas dunha estafa.

Ler máis

PuntoGal súmase á Global Cyber Alliance

PuntoGal acaba de asinar a súa incorporación á Global Cyber Alliance (GCA), a organización internacional creada en 2015 para afrontar os riscos cibernéticos e facer da rede un lugar máis seguro. O dominio convértese así na primeira entidade galega en sumarse a esta alianza global, dentro da súa política de reforzar a seguridade do ámbito dixital. Segundo sinalaron ambas partes, o obxectivo desta colaboración é fomentar a confianza no ecosistema dixital galego, do que PuntoGal é unha peza fundamental.

Ler máis