Logotipo PuntoGal
Logotipo PuntoGal
M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociaciones

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociacións

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

Nós

Coñece a nosa asociación, a historia de como naceu e foi posible o dominio e aos membros do noso equipo.

DominioGal fondo blanco

O dominio.

Galicia é das poucas comunidades a nivel mundial que conta cun dominio propio, distintivo para as páxinas web con vinculacións co país.

 

O dominio axuda na localización dos contidos por parte de buscadores e permite establecer de xeito claro a vinculación co territorio das entidades e do seu público, tanto na rede coma na presenza offline.

Aquí podes coñecer a súa historia, o equipo que o fai posible e como te poñer en contacto con eles. Benvidos, o dominio é voso.

A historia do .gal

Desde o principio dos tempos ata hoxe, poñer un .gal na rede non foi cousa de un par de días. Aquí podes ver os fitos máis importantes do historia do .gal

2006

Constitución da asociación

A Asociación PuntoGal constituíuse tras varios meses de traballo por parte dunha Promotora formada por varias entidades representativas da cultura e sociedade galegas.

2012

Presentación da candidatura

Tras unha longa espera, finalmente a Asociación PuntoGal puido presentar a súa candidatura para solicitar un dominio para a lingua e a cultura galegas.

2013

ICANN aproba o dominio

Tras superar os requisitos impostos pola ICANN, a Asociación PuntoGal consegue a aprobación do dominio .gal.

2014

Dominio .gal

Preséntase en sociedade a primeira páxina web creada baixo o dominio .gal.

2014

Pioneiros .gal

Danse a coñecer os primeiros 93 dominios que e activarán baixo o sufixo .gal.

2014

Fase aberta

Ábrese o rexistro de dominios .gal para o público xeral.

Queres coñecer a historia completa?

Visita a cronoloxía completa na web da asociación.
2006

Constitución da asociación

A Asociación PuntoGal constituíuse tras varios meses de traballo por parte dunha Promotora formada por varias entidades representativas da cultura e sociedade galegas.

2012

Presentación da candidatura

Tras unha longa espera, finalmente a Asociación PuntoGal puido presentar a súa candidatura para solicitar un dominio para a lingua e a cultura galegas.

2013

ICANN aproba o dominio

Tras superar os requisitos impostos pola ICANN, a Asociación PuntoGal consegue a aprobación do dominio .gal.

2014

Dominio .gal

Preséntase en sociedade a primeira páxina web creada baixo o dominio .gal.

2014

Pioneiros .gal

Danse a coñecer os primeiros 93 dominios que e activarán baixo o sufixo .gal.

2014

Fase aberta

Ábrese o rexistro de dominios .gal para o público xeral.

Queres coñecer a historia completa?

Visita a cronoloxía completa na web da asociación.

O noso equipo

Quen é quen no PuntoGal.

Cristina Ríos

Responsable de administración

A responsable de administración é filóloga entre outras cousas. Encargada dos temas de facturación e comunicación, calquera dúbida ou suxestión está o teu servizo

Darío Janeiro

Director xeral

O director xeral de PuntoGal é xornalista, profesor na Universidade de Santiago e secretario da Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Ademais, participa en distintos proxectos no ámbito das TIC e a comunicación. Podes contactar con el sempre que o precises para calquera tema relacionado co dominio e os seus proxectos.

Luis Antelo

Director de máketing

O director de márketing de PuntoGal é filólogo e leva anos na divulgación tecnolóxica, a comunicación e a xestión de proxectos TIC. Fala con el para poñer en práctica calquera idea que teña que ver co dominio.

A asociación.

A Asociación PuntoGal foi a responsable de preparar, promover e presentar a candidatura para a consecución do dominio .gal

 

Unha iniciativa orientada a acadar un dominio propio en Internet para a sociedade galega e, a través del, unha maior visibilidade e presenza da sociedade galega, identificada como tal, dentro da Rede.

A Asociación PuntoGal é unha entidade sen ánimo de lucro constituída por entidades de todos os ámbitos da sociedade galega, plural e diversa e é a responsable da xestión do dominio .gal . Os ingresos producidos pola xestión do rexistro dedicaranse ao mantemento do dominio e no caso de se produciren beneficios serán reinvestidos en fomentar a lingua e a cultura galegas no ámbito das novas tecnoloxías.

Se queres coñecer mais en detalle como funciona a Asociación PuntoGal, as súas actividades e quen son os seus socios, podes velo en asociacion.gal.

Atópanos

Atópanos