Logotipo PuntoGal
Logotipo PuntoGal
M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociaciones

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociacións

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

23/05/25
PuntoGal, en colaboración con ciber.gal, impulsa varias iniciativas sobre a directiva europea de seguridade NIS2

A Coruña, 23 de maio de 2025.- PuntoGal inicia hoxe unha campaña para concienciar sobre a importancia da directiva europea NIS 2, que ten por obxecto reforzar a ciberseguridade en empresas e organizacións. As iniciativas, en colaboración co Nodo de Ciberseguridade de Galicia, Ciber.gal, inclúen unha sesión de formación online, a publicación dun decálogo de recomendacións e unha páxina con información e recursos.

A NIS 2 obriga a aplicar medidas de protección estritas e informar sobre incidentes relevantes no ámbito da seguridade e afecta a unha gran parte dos sectores económicos e produtivos. Sen embargo, a día de hoxe, aínda é unha gran descoñecida para moitas entidades. Unha das cuestións clave é a adaptación dos protocolos das empresas ao Esquema Nacional de Seguridade (ENS).

O martes, 3 de xuño, ás 11:00 horas, PuntoGal, en colaboración con Ciber.gal e Incibe, o Instituto Nacional de Seguridad, organiza un webinar informativo titulado A NIS2, seguridade e boas prácticas. Nel participará Nacho Amadoz, abogado especialista en TIC e socio na consultora Mooenia, quen tratará sobre O impacto da NIS2 nas organizacións. A continuación, intervirá Cristina Filgueira, consultora no Esquema Nacional de Seguridad de Tempo Consultores, quen falará sobre Que é, a quen afecta e puntos a ter en conta da NIS2.

Finalmente, Diego Vázquez, socio director en Imaxín, abordará a NIS2 desde a perspectiva dunha empresa que xa pasou polo proceso de certificación oficial. A súa ponencia titúlase: Da obrigación á oportunidade: ENS como impulso de mellora. A sesión será moderada pola responsable de administración de PuntoGal, Cristina Ríos.

A asistencia á xornada é gratuíta previa inscrición no seguinte formulario: i.gal/nis2.

Para completar esta acción divulgativa, PuntoGal abriu a páxina nis2.dominio.gal, onde é posible atopar información completa sobre a importancia da norma, consellos e recursos de interese.

Finalmente, o rexistro editou un díptico informativo, que se pode descargar na páxina indicada anteriormente, que recolle, entre outras cuestións un decálogo realizado pola entidade coas principais recomendación para realizar unha adaptación óptima á NIS2.

Estas actividades forman parte da liña de traballo de PuntoGal no ámbito da ciberseguridade, un problema global que afecta a empresas, entidades e cidadáns. Nese sentido, o dominio xa localizou varias guías para empresas, usuarios e medios de comunicación, que se poden consultar aquí: dominio.gal/guias

PuntoGal forma parte, ademais do nodo de ciberseguridade de Galicia, ciber.gal, de entidades como a Global Cyber Alliance (GCA), organización internacional creada en 2015 para afrontar os riscos cibernéticos, Nonprofit Cyber, a coalición internacional de organizacións sen ánimo de lucro unidas para mellorar a ciberseguridade ou a Internet WatchFoundation (IWF), organización sen fins de lucro con sede no Reino Unido que ten como misión principal identificar e retirar da rede material ilegal relacionado co abuso infantil. Recentemente, ademais, reforzou os protocolos de seguridade ao iniciar o monitoreo das súas webs en colaboración con iq.global.

Sobre PuntoGal

PuntoGal é a entidade xestora do dominio galego desde 2014. Constituída en 2006, desenvolve o seu traballo en tres ámbitos principais: xestión de dominios, representación de Galicia nos organismos de xestión da rede a nivel internacional e accións corporativas de apoio a iniciativas no ámbito da tecnoloxía, a rede, a lingua e a cultura. Hoxe hai en torno a 7.300 dominios .gal rexistrados.

Compartir

Compartir