Logotipo PuntoGal
Logotipo PuntoGal
M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociaciones

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociacións

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

Axuda

Preguntas frecuentes.

Consulta as dúbidas máis frecuentes sobre o noso dominio, as súas características, o seu funcionamento e as normas que o regulan.

Pódese rexistrar calquera nome de dominio?

En principio, si. ICANN establece certas restricións (estados oficialmente aceptados pola ONU, outros territorios, nomes de dominio de dúas letras e outras excepcións) e hai nomes de concellos de Galicia reservados para asegurar que quen o solicita é a administración correspondente.

Que é a Fase Aberta do dominio.gal?

É a fase de rexistro libre por parte do público xeral. Calquera pode rexistrar o seu dominio .gal e adxudícanse (igual que no resto de dominios) por orde de chegada.

Que condicións deberá cumprir un dominio .gal?

O sitio web en cuestión debe conter contido mínimo significativo en lingua galega, aínda que se mostre tamén noutros idiomas. En caso de que non mostre contido en galego, deberán ser contidos relacionados coa cultura galega ou servizos en liña especificamente dirixidos á comunidade galega e que favorezan o seu desenvolvemento.

Como podo rexistrar o meu .gal?

Podes rexistrar o dominio .gal a través de calquera das empresas rexistradoras acreditadas ante a Asociación PuntoGal, na nosa páxina web podes ver a listaxe actualizada que te levará directamente á súa páxina web. É probable que a empresa rexistradora do teu dominio actual xa se atope entre elas e che poida ofrecer o servizo.

Que prezo ten un dominio .gal?

Na Fase Aberta os prezos son homoxéneos (no Programa Pioneiros e na Fase de Lanzamento do dominio .gal onde había unha diferenciación de prezos para as diferentes categorías e prioridades) e o custo final do rexistro está fixado pola empresa rexistradora, quen pode realizar ofertas libremente e incluír no prezo servizos adicionais. No apartado rexistradores podes ver a listaxe actualizada que te levará directamente á súa páxina web.

Se emprego un dominio .gal, perderei os meus anteriores dominios .com ou .es?

Non, os dominios son compatibles entre si e pódense activar cantos se desexen para o mesmo nome de dominio. Para iso é necesario configurar o DNS.

Quen xestiona o dominio .gal?

O dominio.gal xestiónase dende a Asociación PuntoGal, un entidade privada sen ánimo de lucro, constituída por entidades de todos os ámbitos representativos da sociedade galega.

Pódese usar o ||ñ|| ou calquera caracter nun nome de dominio .gal?

O nome dun dominio en internet debe estar de acordo cos estándares establecidos pola ICANN. No caso dos dominios .gal os números, letras, guións e todos os carácteres usados en galego ou outros idiomas que usen o alfabeto latino son aceptados, polo que podes usar o “ñ” no teu nome de dominio.

Como podo conseguir un correo .gal?

A día de hoxe, as empresas rexistradoras acreditadas con PuntoGal ofrecen rexistro de dominios, non contas de correo.  Isto quere dicir, que para ter un correo .gal tes que dispor do teu dominio .gal. (En canto o servizo estea dispoñible, informaremos axeitadamente)

Son un rexistrador e desexo comercializar dominios .gal. Que podo facer?

Pode pórse en contacto connosco a través do correo electrónico rexistradores@dominio.gal e remitirémoslle a información pertinente.

Teño dúbidas das que non atopo resposta na web, que podo facer?

Podes pórte en contacto connosco, resolveremos as túas dúbidas!.

Eliminouse o meu dominio. Como o podo recuperar?

Un dominio entra en fase de eliminación se non se renova antes da data de caducidade que dura 30 días. Se es o propietario do dominio, tes ese prazo para o recuperares. Terías que consultarlle ao teu rexistrador o custe de recuperación do nome de dominio e que faga o procedemento. Recuperado o nome de dominio, renóvase por un ano, e é máis caro ca renovación habitual.

En caso de non quereres pagar pola recuperación, podes esperar a que o nome de rexistro sexa eliminado e rexistralo en canto quede libre. O nome de rexistro pódese renovar unha vez pasados 30-35 días dende a data de caducidade, xa que as veces hai que esperar uns días trala eliminación. Podes ver se o dominio esta libre consultando no buscador de dominios. De tódolos xeitos esta forma é arriscada, xa que pode vir alguén antes e levalo.

Non atopas a túa pregunta?