Ferramentas
Nesta páxinas recollemos algunhas ferramentas básicas para traballar na rede en galego e de xeito seguro. Tes unha serie de trebellos e artigos de ciberseguridade que che poden axudar de xeito doado e de balde a manter seguros os teus equipos e a túa páxina web. Ademais, coas guías podes usar a rede e as principais ferramentas ofimáticas en galego, e na sección de consellos compilamos outros artigos de interese. Se botas algo en falta, queremos escoitar as túas suxestións en info@dominio.gal
Consellos
Aquí podes atopar algúns consellos e ideas para tirar máis partido do teu tempo na rede, en galego e de xeito seguro, sempre que sexan de interés xeral e dentro das posibilidades dun usuario medio. Se botas algo en falta, queremos escoitar as túas suxestións en info@dominio.gal.
Como protexer o teu contrasinal. Portexe as túas contas e dispositivos
No día mundial de Máis dun contrasinal, o 10 de novembro de 2023, lanzamos estes Consellos Comúns sobre Contrasinais
Que é a ICANN?
Esta semana celébrase a ICANN74 na Haia, Holanda, onde se expoñen as medidas tomadas para o desenvolvemento dun internet máis seguro. Se queres saber que é a ICANN, como funciona e coñecer as nocións básicas sobre as regras básicas da rede, aquí tes as respostas.
A ICANN publica un novo reporte sobre o Rexistro de Dominios en relación coa COVID-19
19 e novembro de 2021 I A corporación para a asignación de nomes e números ven de publicar o seu último estudio sobre o impacto da COVID-19 na seguranza do Sistema de Nomes de Dominio.