Logotipo PuntoGal
Logotipo PuntoGal
M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociaciones

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociacións

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

20/03/24
O webinar sobre ciberseguridade do CPXG, PuntoGal e a Global Cyber Alliance destaca aspectos pouco tratados polos medios

A Coruña, 20 de marzo de 2024 | O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, PuntoGal e a Global Cyber Alliance (GCA) organizaron esta mañá, co apoio do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e o Nodo Galego de Ciberseguridade, o webinar “Cara unha nova maneira de falar de ciberseguridade: nomes, números e rutas”, presentado por Valeria Pereiras, da Xunta de Goberno do CPXG, con Carlos Seisdedos, Pablo López-Aguilar e Alejandro Fernández-Cernuda.

A cobertura de noticias sobre ciberseguridade aumentou nos últimos anos cun impacto social moi alto. A prensa soubo estar á altura pero aínda se fala máis de incidentes e problemas que de solucións. Neste seminario buscouse dar ferramentas aos informadores para falar de novas modalidades de crimes que teñen raíz tecnolóxica, que van mudando de natureza cada día e que os fai moi complicados de enteder e explicar para o público lector.

Carlos Seisdedos felicitou aos medios de comunicación, cada vez máis apartados do sensacionalismo, e explicou que, estando todos interconectados, todos podemos ser vítimas dun ataque. A continuación, detallou o caso Alcasec, desmitificando o romanticismo que moitos deron á historia e ás motivacións do seu protagonista. Incidiu na importancia da pedagoxía dos medios á hora de redenominar aos hackers como ciber criminais, por exemplo.

Pablo López-Aguilar, a continuación, precisou que a maioría dos incidentes provén dun erro humano, destacando o ingrediente de enxeñaría social da meirande parte dos crimes. O outro foco é a infraestrutura, que quizais debería protexer máis aos usuarios finais. Detallou os ataques por nomes (dominios), números (rutas IP) ou rutas (as vías nas que viaxa a información), seguindo os conceptos incluídos nun Glosario elaborado por PuntoGal para axudar aos profesionais a cubrir mellor os aspectos de ciberseguridade.

Alejandro Fernández presentou á Global Cyber Alliance (GCA), que entrou en Galicia da man de PuntoGal, Amtega e o Nodo de Ciberseguridade, e os seus principais proxectos en torno aos nomes (Domain Trust), números (AIDE) e rutas (MANRS), así como o seu pleno compromiso co esforzo colectivo xunto cos principais actores no ecosistema a nivel global.

Tras as intervencións dos relatores, houbo unha rolda de preguntas e comentarios que se prologou máis alá da hora prevista.

Os materiais xerados para o seminario, incluíndo a gravación do mesmo quedará ao dispor dos colexiados na intranet do CPXG.

Sobre PuntoGal

PuntoGal é a entidade xestora do dominio galego desde 2014. Constituída en 2006, desenvolve o seu traballo en tres ámbitos principais: xestión de dominios, representación de Galicia nos organismos de xestión da rede a nivel internacional e accións corporativas de apoio a iniciativas no ámbito da tecnoloxía, a rede, a lingua e a cultura. A día de hoxe hai máis de 7.000 dominios .gal rexistrados. Para máis información: dominio.gal.

Sobre AETG-COETG

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia foi constituída co obxecto social de velar polo prestixio dos enxeñeiros de telecomunicación, fomentar e estreitar os lazos de unión e compañeirismo entre estes, contribuír ao desenvolvemento e progreso da comunidade autónoma de Galicia a través da difusión e potenciación das telecomunicacións, axudar aos seus asociados no desenvolvemento da súa actividade profesional e á súa integración nos mercados de traballo e a organización e concurrencia a congresos nacionais e internacionais.

Sobre a Global Cyber Alliance

A Global Cyber Alliance é unha iniciativa internacional e intersectorial dedicada á misión de reducir o risco cibernético e mellorar o mundo interconectado no que vivimos. Para iso, unimos comunidades de todo o mundo baixo a nosa misión, implementamos solucións concretas e medimos os resultados. A GCA, constituída como unha empresa 501 (c) (3) nos Estados Unidos e como unha organización sen ánimo de lucro no Reino Unido e Bélxica, foi fundada en setembro de 2015 pola Oficina do Fiscal de Distrito de Manhattan, pola policía da cidade de Londres e o Centro de Seguridade en Internet. Para máis información: globalcyberalliance.org.

Sobre o Colexio de Xornalistas
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) é unha entidade de dereito público creada pola lei 2/1999 do Parlamento de Galicia que suma máis de 1.100 colexiadas e colexiados repartidos entre as sete demarcacións coas que conta. Entre os seus obxectivos figura en lugar destacado afondar na mellora das condicións nas que as e os xornalistas levan a cabo o seu traballo, a defensa profesional dos seus membros e a garantía de independencia e liberdade informativa en beneficio da sociedade galega. Para máis información: xornalistas.gal

Sobre ciber.gal

O Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal é un espazo de colaboración público-privado constituído pola Amtega, o CCN, o INCIBE, as catro Deputacións Provinciais de Galicia e a FEGAMP. Ademáis dos seus membros fundadores, conta con preto de 50 entidades públicas e privadas adheridas ao mesmo. Grazas á coordinación e posta a disposición dos recursos dos seus fundadores e colaboradores, CIBER.gal traballa para deseñar e executar iniciativas para tres colectivos esenciais: a cidadanía, o tecido empresarial e a administración pública. Todas elas teñen como fin mellorar o nivel de ciberseguridade na contorna dixital galega, sensibilizar, capacitar e formar sobre a importancia da ciberseguridade a tódolos niveis e promocionar a industria galega neste eido. Para máis información: ciber.gal

Compartir

Compartir