Logotipo PuntoGal
Logotipo PuntoGal
M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociaciones

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociacións

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

08/03/24
PuntoGal e Women4Cyber Spain asinan un convenio para traballar na perspectiva de xénero no ámbito da ciberseguridade

A Coruña/Madrid, 4 de marzo.PuntoGal asinou un convenio de colaboración co Spanish Chapter de Women4Cyber, organización de ámbito europeo que busca aumentar a inclusión e a perspectiva de xénero nos traballos relacionados coa seguridade cibernética.

O convenio servirá de marco para a realización de actividades conxuntas neste ámbito, como a localización en galego de ferramentas sobre ciberseguridade, a extensión dos programas de Women4Cyber en Galicia, nomeadamente os de mentorización, e a colaboración con outras iniciativas nas que está traballando PuntoGal, como as inseridas no ámbirto do nodo ciber.gal.

A través de diferentes proxectos e iniciativas, W4C Spainconstitúe un espazo de colaboración onde as mulleres na ciberseguridade do mundo académico, da investigación e da industria poden compartir coñecementos, experiencias e rede de contactos, así como motivar a outras mulleres a considerar a ciberseguridade como unha profesión na que desenvolverse e crecer. PuntoGal, con este convenio, segue apostando pola ciberseguridade como un dos seus programas corporativos máis salientables, así como na visión de xénero no ámbito das TIC.

Sobre a sinatura deste acordo, a presidenta e fundadora de Women4Cyber Spain, Eduvigis Ortiz, sinalou que “alegrámonos enormemente de contar co compromiso e participación de PuntoGal como entidade colaboradora da nosa comunidade para apoiar a misión de impulsar e visibilizar o talento feminino co obxectivo de acadar un mundo máis equitativo, diverso e seguro. En W4C Spain, queremos ser promotoras dun cambio social e cultural que implique unha maior participación da muller no ámbito da tecnoloxía en xeral e da ciberseguridade en particular. Para acadar este obxectivo traballamos en diferentes proxectos e iniciativas que, de man de PuntoGal, terán un impacto máis directo para apoiar e desenvolver o talento feminino galego dunha forma moito máis próxima”.

Pola súa banda, Darío Janeiro, director xeral de PuntoGal, comentou que “dentro das accións que está a levar a cabo o dominio para converterse nun referente dentro do ámbito da ciberseguridade, non podemos obviar a distancia que aínda nos falta por percorrer na igualdade de xénero neste ámbito concreto, pero tamén en todo o sector das TIC”. Este convenio “permitiranos organizar ou colaborar con iniciativas que poñan de manifesto o talento feminino que hai en Galicia, visibilizándoo como referencia para as novas xeracións que se están a formar en disciplinas científicas e técnicas. Neste sentido, a colaboración con W4C Spain será unha achega moi valiosa”.

Sobre PuntoGal

PuntoGal é a entidade xestora do dominio galego desde 2014. Constituída en 2006, desenvolve o seu traballo en tres ámbitos principais: xestión de dominios, representación de Galicia nos organismos de xestión da rede a nivel internacional e accións corporativas de apoio a iniciativas no ámbito da tecnoloxía, a rede, a lingua e a cultura. A día de hoxe hai máis de 7.000 dominios .gal rexistrados. Para máis información: dominio.gal.

Sobre Women4Cyber Spain

Women4Cyber Spain (W4C Spain) é unha iniciativa que nace co obxectivo de converterse nun referente no impulso e visibilización do papel da muller na ciberseguridade en España, así como na diversidade de xénero no sector. Persegue construír entre todos un mundo dixital máis seguro e inclusivo.A Asociación é o capítulo español de Women4Cyber.eu, fundada pola Organización Europea de Ciberseguridade (ECSO), e a primeira asociación de mulleres en ciberseguridade en España que conta co respaldo europeo.

Compartir

Compartir