Logotipo PuntoGal
Logotipo PuntoGal
M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociaciones

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociacións

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

10/04/25
Caixa de ferramentas da Global Cyber Alliance para particulares

PuntoGal, en colaboración coa Global Cyber Alliance, publica unha serie de guías pensadas para facilitar as boas prácticas en ciberseguridade para distintos colectivos. Despois de publicar a adicada as ONGs, presentamos a compilación de ferramentas para particulares, que ofrece as ferramentas e pasos a seguir necesarios para a protección dos datos.

Neste esforzo por proporcionar trebellos gratuítos e de uso sinxelo tamén participan outras entidades como o ciber.gal e o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia.

1. Coñece o teu sistema

Crea un inventario dos teus dispositivos e contas para saber que elementos deben protexerse e identificar os seus riscos. Mantén esta lista actualizada a medida que engadas ou elimines dispositivos e aplicacións.

Seguimento de activos de hardware e software do CIS
Utiliza esta folla de cálculo para realizar un seguimento do teu hardware, software e información confidencial.
   

 

2. Actualiza as túas defensas

Cando os sistemas están actualizados, a inmunidade dixital é maior contra os virus, o spyware e outros tipos de ameazas. A maioría dos dispositivos e aplicacións pódense configurar para que se actualicen automaticamente.

Usa esta aplicación para asegurar unha conexión a internet segura e privada.
Actualización automática de Apple
Utiliza esta ferramenta se tes un dispositivo iPhone, iPad ou macOS. Podes continuar nesta ligazón.
Actualización automática de Windows
Utiliza esta ferramenta se estás a executar un sistema operativo Windows. Podes continuar nesta ligazón.
Actualización automática de MS Office en macOS
Utiliza esta ferramenta se tes Microsoft Office para Mac. Podes continuar nesta ligazón.
BitLocker para Microsoft Windows
Usa esta ferramenta para encriptar os teus sistemas de Windows. Podes continuar nesta ligazón.
FileVault para Mac
Usa esta ferramenta para encriptar os teus sistemas Mac. Podes continuar nesta ligazón.
Actualización automática de Android
Utiliza esta ferramenta se tes un dispositivo Android. Podes continuar nesta ligazón.

 

3. Renuncia aos contrasinais simples

Utiliza estas ferramentas para reforzar os teus contrasinais e configurar a autenticación multifactor para protexer os teus dispositivos e contas. Bloquea as túas portas e ventás virtuais. As túas contas e datos son activos valiosos, tanto para ti como para os delincuentes.

Bitwarden Password Manager
Usa esta ferramenta para organizar e controlar todas as túas contraseñas nunha mesma aplicación.
Google Authenticator
Utiliza esta ferramenta se desexas instalar Google Authenticator no teu teléfono ou tableta para administrar os contrasinais 2FA. Podes continuar nesta ligazón.
Microsoft Authenticator
Utiliza esta ferramenta para administrar os teus contrasinais 2FA. Podes continuar nesta ligazón.
Activar a 2FA para as túas contas
A autenticación de dous factores (2FA) refírese a unha capa adicional de seguridade para que alguén que intente acceder a unha conta en línea teña que demostrar que é quen di ser proporcionando dous datos. Podes continuar nesta ligazón.
Have I Been Pwned?
Utiliza esta ferramenta para descubrir se o teu contrasinal viuse comprometido. Podes continuar nesta ligazón.

4. Copias de seguridade e recuperación

O ransomware é un software que infecta o equipo con malware e cifra («bloquea») os datos. Despois, o atacante esíxeche que pagues sumas exorbitadas de diñeiro para recuperar os datos.

Windows 10 – Copia de seguridade automática
Utiliza esta ferramenta para configurar copias de seguridade automáticas dos sistemas operativos Windows 10. Podes continuar nesta ligazón.
Copia de seguridade de Time Machine
Utiliza esta ferramenta para configurar copias de seguridade automáticas dos sistemas operativos Mac. Podes continuar nesta ligazón.

 

5. Protéxete contra o phishing e o malware

Cada ano moitas persoas son vítimas de custosos ataques de malware e phishing. Estes ataques poden infectar os seus sistemas e provocar perdas económicas, custosos gastos de recuperación, perda de datos, danos á reputación persoal e moito máis.

As ferramentas incluídas nesta caixa de ferramentas teñen como obxectivo axudar a previr ataques. Inclúense: Seguridad DNS (Domain Name System) para evitar sitios web infectados; software antivirus para evitar que os virus e outros programas maliciosos entren nos teus sistemas; e bloqueadores de anuncios, xunto con listas de filtros correctas, que axudan a previr a actividade maliciosa e o acceso a sitios web maliciosos mentres navegas por Internet.

Antivirus para MacOS
É importante ter un software antivirus en tempo real en todos os teus dispositivos. Podes continuar nesta ligazón.
Bloqueador de anuncios
Usa esta extensión para bloquear anuncios emerxentes, vídeos e outro contido non desexado durante a navegación por internet.
  Aplicación Quad9 para Android
Utiliza esta ferramenta no teu dispositivo Android para bloquear o acceso a aqueles sitios coñecidos por conter virus ou outro malware. Podes continuar nesta ligazón.
Quad9
Utiliza esta ferramenta para evitar que os teus equipos e dispositivos se conecten a sitios con malware ou phishing. Podes continuar nesta ligazón.
Microsoft Defender
Utiliza esta ferramenta para evitar que se execute malware coñecido no teu sistema. Podes continuar nesta ligazón.

 

6. Comunícate con seguridade

Utiliza estas ferramentas para mellorar a seguridade das túas mensaxes de texto, chamadas e correos electrónicos para protexer mellor a túa información e os teus datos.

Usa esta aplicación para asegurar unha conexión a internet segura e privada. Podes continuar nesta ligazón.
Signal
Utiliza esta ferramenta para enviar mensaxes seguros con cifrado de extremo a extremo, o que significa que ningún terceiro pode lelos ou escoitalos. Podes continuar nesta ligazón.

 

Contido ofertado coa colaboración de Global Cyber Alliance

   

 

 

Compartir

Compartir