Logotipo PuntoGal
Logotipo PuntoGal
M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociaciones

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociacións

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

13/04/23
Caixa de ferramentas da Global Cyber Alliance para xornalistas

PuntoGal, en colaboración coa Global Cyber Alliance, publica unha serie de guías pensadas para facilitar as boas prácticas en ciberseguridade para distintos colectivos. Despois de publicar a adicada as pemes, presentamos a compilación de ferramentas para xornalistas e comunicadores do mundo dixital, que ofrece as ferramentas e pasos a seguir necesarios para a protección dos datos e redacción dos profesionais da comunicación.


Neste esforzo por proporcionar trebellos gratuítos e de uso sinxelo tamén participan outras entidades como o ciber.gal e o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia.

1. Coñece o teu sistema

Nesta sección facemos un inventario de dispositivos e contas para saber que é o que debe ser protexido.

Identifica os teus dispositivos

Seguimento de activos de hardware e software do CIS.
Utiliza esta folla de cálculo para realizar un seguimento do teu hardware, software e información confidencial.
   

 Identifica as túas aplicacións

A folla de cálculo de seguimento de activos de hardware e software do CIS contén exemplos de métodos para realizar un seguimento do teu hardware, software e información confidencial. Podes continuar nesta ligazón.

2. Actualiza as túas defensas

Cando os sistemas están actualizados, a inmunidade dixital é maior contra os virus, o spyware e outros tipos de ameazas. A maioría dos dispositivos e aplicacións pódense configurar para que se actualicen automaticamente.

Actualiza os teus dispositivos e aplicacións

Actualización automática de Apple 
Utiliza esta ferramenta se tes un dispositivo iPhone, iPad ou macOS. Podes continuar nesta ligazón.
Actualización automática de Windows
Utiliza esta ferramenta se estás a executar un sistema operativo Windows. Podes continuar nesta ligazón.
Actualización automática de MS Office en macOS
Utiliza esta ferramenta se tes Microsoft Office para Mac. Podes continuar nesta ligazón.
Actualización automática de Android
Utiliza esta ferramenta se tes un dispositivo Android. Podes continuar nesta ligazón.

3. Renuncia aos contrasinais simples

Utiliza as seguintes ferramentas para fortalecer os teus contrasinais e configurar a autenticación multifactor para protexer os teus dispositivos e contas.

Contrasinais seguros

Have I Been Pwned?
Utiliza esta ferramenta para descubrir se o teu contrasinal viuse comprometido. Podes continuar nesta ligazón.

Ferramentas de 2FA

Google Authenticator
Utiliza esta ferramenta se desexas instalar Google Authenticator no teu teléfono ou tableta para administrar os contrasinais 2FA. Podes continuar nesta ligazón.
Microsoft Authenticator
Utiliza esta ferramenta para administrar os teus contrasinais 2FA. Podes continuar nesta ligazón.
Configurar a autenticación de dobre factor nas túas contas
Instrucións para configurar a autenticación de dobre factor nas túas contas en liña. Podes continuar nesta ligazón.
Project Galileo: Cloudflare Access                                
Utiliza esta ferramenta para asegurar as aplicacións internas agregando fontes de identidade e confianza dos usuarios, e aplicando reglas en cada solicitude ou inicio de sesión. Podes continuar nesta ligazón.
Activar a 2FA para as túas contas
A autenticación de dous factores (2FA) refírese a unha capa adicional de seguridade para que alguén que intente acceder a unha conta en línea teña que demostrar que é quen di ser proporcionando dous datos. Podes continuar nesta ligazón.

Administra os teus contrasinais

Password for Journalists
Utiliza esta ferramenta para almacenar e acceder aos teus contrasinais de forma segura. Podes continuar nesta ligazón.
Project Galileo: Cloudflare Access
Utiliza esta ferramenta para protexer as aplicacións internas agregando fontes de identidade e confianza dos usuarios e aplicando reglas en cada solicitude ou inicio de sesión.

4. Protéxete contra o phishing e o malware

Cada vez máis ataques de malware e phishing son empregados na rede en contra dos xornalistas, obtendo con esta técnica ás súas credenciais para acceder a distintos medios de comunicación. A consecuencia disto: un aumento da desinformación e a divulgación de calotes e noticias falsas, o que supón un perigo non só para o eido xornalístico, senón para todo o conxunto da sociedade.

Antivirus

Software antivirus para MacOS
É importante ter un software antivirus en tempo real en todos os teus dispositivos. Podes continuar nesta ligazón.
Microsoft Defender
Utiliza esta ferramenta para evitar que se execute malware coñecido no teu sistema. Podes continuar nesta ligazón.

Seguridade de DNS

Project Galileo: Cloudflare VPN (WARP)
Utiliza esta ferramenta para asegurar todo o tráfico de Internet do teu dispositivo. Podes continuar nesta ligazón.
Project Galileo: Cloudflare Gateway
Utiliza esta ferramenta para bloquear o contido malicioso, o ransomware, o phishing e ofrece aos administradores unha visibilidade completa do tráfico da rede mediante o filtrado de DNS. Podes continuar nesta ligazón.
Aplicación Quad9 para Android
Utiliza esta ferramenta no teu dispositivo Android para bloquear o acceso a aqueles sitios coñecidos por conter virus ou outro malware. Podes continuar nesta ligazón.
Quad9
Utiliza esta ferramenta para evitar que os teus equipos e dispositivos se conecten a sitios con malware ou phishing. Podes continuar nesta ligazón.

5. Copias de seguridade e recuperación

O ransomware é un software que infecta o equipo con malware e cifra («bloquea») os datos. Despois, o atacante esíxeche que pagues sumas exorbitadas de diñeiro para recuperar os datos. Desta forma, os xornalistas son un punto principal de ataque, debido á cantidade, exclusividade e importancia de información e datos que xestionan.

Copias de seguridade segundo sistema operativo

Windows 10 – Copia de seguridade automática
Utiliza esta ferramenta para configurar copias de seguridade automáticas dos sistemas operativos Windows 10. Podes continuar nesta ligazón.
Copia de seguridade de Time Machine
Utiliza esta ferramenta para configurar copias de seguridade automáticas dos sistemas operativos Mac. Podes continuar nesta ligazón.

6. Encripta os teus datos

Encriptar ou cifrar os datos é unha forma de asegurar aos distintos medios de comunicación que toda a información vital que xestionan permaneza baixo chave e non se vexa comprometida tan facilmente.

Project Galileo: Cloudflare SSL
Utiliza esta ferramenta SSL para cifrar o tráfico de Internet e verificar a identidade do servidor, mantendo así a seguridade dos datos do usuario, verificando a propiedade do sitio web, evitando a creación dun sitio falso e gañando a confianza do usuario. Podes continuar nesta ligazón.
BitLocker for Microsoft Windows
Utiliza esta ferramenta para cifrar os teus sistemas Microsoft Windows, é dicir, converter os teus datos dunha forma lexible (texto plano), a unha forma codificada (texto cifrado). Podes continuar nesta ligazón.
FileVault for Mac
Utiliza esta ferramenta para cifrar os teus sistemas Mac, é dicir, convertir os teus datos dunha forma lexible (texto plano), a unha forma codificada (texto cifrado). Podes continuar nesta ligazón.

7. Comunicación con seguridade

As fontes son unha parte primordial na labor dun xornalista. É por iso que resulta imprescindible a protección e seguridade dos seus textos, chamadas e correos electrónicos coa fin de salvagardar os datos e información proporcionada, así como a súa identidade.

Asegura a túa mensaxería instantánea

Signal
Utiliza esta ferramenta para enviar mensaxes seguros con cifrado de extremo a extremo, o que significa que ningún terceiro pode lelos ou escoitalos. Podes continuar nesta ligazón.

Asegura o teu correo electrónico

Mailvelope
Utiliza esta ferramenta para enviar correo electrónico cifrado dentro dos navegadores web de Firefox e Chrome. Podes continuar nesta ligazón.
ProtonMail
Utiliza este sistema de correo electrónico para ter un correo electrónico encriptado ao que só ti poidas acceder. Podes continuar nesta ligazón.
PGP
Utiliza esta ferramenta para cifrar correos electrónicos con criptografía de clave pública. Podes continuar nesta ligazón.

Asegura a túa navegación

Project Galileo: Cloudflare VPN (WARP)
Utiliza esta ferramenta para asegurar todo o tráfico de Internet do teu dispositivo. Podes continuar nesta ligazón.
ProtonVPN
Utiliza esta ferramenta para asegurarte de que a túa conexión a Internet é segura e privada. Podes continuar nesta ligazón.
TOR Browser
Utiliza este navegador para anonimizar a túa navegación por Internet, pero tamén resulta eficaz para eludir a censura, permitindo aos seus usuarios chegar a destinos ou contidos que, doutro modo, estarían bloqueados. Podes continuar nesta ligazón.

Contido ofertado coa colaboración de Global Cyber Alliance

 

 

 

 

 

Compartir

Compartir