Logotipo PuntoGal
Logotipo PuntoGal
M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociaciones

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociacións

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

24/09/24
Caixa de ferramentas da Global Cyber Alliance para ONGs

PuntoGal, en colaboración coa Global Cyber Alliance, publica unha serie de guías pensadas para facilitar as boas prácticas en ciberseguridade para distintos colectivos. Despois de publicar a adicada as pemes e xornalistas, presentamos a compilación de ferramentas para ONGs, que ofrece as ferramentas e pasos a seguir necesarios para a protección dos datos.

Neste esforzo por proporcionar trebellos gratuítos e de uso sinxelo tamén participan outras entidades como o ciber.gal e o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia.

1. Coñece o teu sistema

Seguimento de activos de hardware e software do CIS.
Utiliza esta folla de cálculo para realizar un seguimento do teu hardware, software e información confidencial.
   
SecurityScorecard é unha aplicación para evaluar a ciberseguridade, e comprender e monitorear de forma instantánea e continuada os propios riscos e tamén os dos servizos externos utilizados para operar.

 

2. Actualiza as túas defensas

Cando os sistemas están actualizados, a inmunidade dixital é maior contra os virus, o spyware e outros tipos de ameazas. A maioría dos dispositivos e aplicacións pódense configurar para que se actualicen automaticamente.

Usa esta ferramenta para conseguir un certificado dixital de balde para habilitar HTTPS (SSL/TLS) na túa web.
Usa esta aplicación para asegurar unha conexión a internet segura e privada.
Actualización automática de Apple.
Utiliza esta ferramenta se tes un dispositivo iPhone, iPad ou macOS. Podes continuar nesta ligazón.
Actualización automática de Windows.
Utiliza esta ferramenta se estás a executar un sistema operativo Windows. Podes continuar nesta ligazón.
Actualización automática de MS Office en macOS.
Utiliza esta ferramenta se tes Microsoft Office para Mac. Podes continuar nesta ligazón.
BitLocker para Microsoft Windows.
Usa esta ferramenta para encriptar os teus sistemas de Windows. Podes continuar nesta ligazón.
FileVault para Mac.
Usa esta ferramenta para encriptar os teus sistemas Mac. Podes continuar nesta ligazón.
Actualización automática de Android
Utiliza esta ferramenta se tes un dispositivo Android. Podes continuar nesta ligazón.
Proba de seguridade ImmuniWeb.
Usa esta aplicación para encontrar debilidades nos teus sitios web.
Scan de SSL de ImmuniWeb.
Usa esta ferramenta para encontrad debilidades de encriptación nos teus sitios web.

 

3. Renuncia aos contrasinais simples

Utiliza as seguintes ferramentas para fortalecer os teus contrasinais e configurar a autenticación multifactor para protexer os teus dispositivos e contas.

Bitwarden Password Manager.
Usa esta ferramenta para organizar e controlar todas as túas contraseñas nunha mesma aplicación.
Google Authenticator
Utiliza esta ferramenta se desexas instalar Google Authenticator no teu teléfono ou tableta para administrar os contrasinais 2FA. Podes continuar nesta ligazón.
Microsoft Authenticator
Utiliza esta ferramenta para administrar os teus contrasinais 2FA. Podes continuar nesta ligazón.
Configurar a autenticación de dobre factor nas túas contas
Instrucións para configurar a autenticación de dobre factor nas túas contas en liña. Podes continuar nesta ligazón.
Auditor de contrasinais.
Usa esta aplicación para escanear o teu Directorio Activo e indentificar vulnerabilidades relacionadas cos contrasinais.
Activar a 2FA para as túas contas.
A autenticación de dous factores (2FA) refírese a unha capa adicional de seguridade para que alguén que intente acceder a unha conta en línea teña que demostrar que é quen di ser proporcionando dous datos. Podes continuar nesta ligazón.
Have I Been Pwned?
Utiliza esta ferramenta para descubrir se o teu contrasinal viuse comprometido. Podes continuar nesta ligazón.

 

4. Protéxete contra o phishing e o malware

Cada ano moitas organizacións pequenas son vítimas de ataques costosos de malware e phishing. Estos ataques poden infectar os teus sistemas, provocar grandes perdas, altos custos de recuperación, perda de datos, danos na reputación e máis.

Antivirus para MacOS
É importante ter un software antivirus en tempo real en todos os teus dispositivos. Podes continuar nesta ligazón.
Bloqueador de anuncios.
Usa esta extensión para bloquear anuncios emerxentes, vídeos e outro contido non desexado durante a navegación por internet.
  Aplicación Quad9 para Android.
Utiliza esta ferramenta no teu dispositivo Android para bloquear o acceso a aqueles sitios coñecidos por conter virus ou outro malware. Podes continuar nesta ligazón.
Quad9.
Utiliza esta ferramenta para evitar que os teus equipos e dispositivos se conecten a sitios con malware ou phishing. Podes continuar nesta ligazón.
Microsoft Defender
Utiliza esta ferramenta para evitar que se execute malware coñecido no teu sistema. Podes continuar nesta ligazón.

 

5. Copias de seguridade e recuperación

O ransomware é un software que infecta o equipo con malware e cifra («bloquea») os datos. Despois, o atacante esíxeche que pagues sumas exorbitadas de diñeiro para recuperar os datos.

Windows 10 – Copia de seguridade automática
Utiliza esta ferramenta para configurar copias de seguridade automáticas dos sistemas operativos Windows 10. Podes continuar nesta ligazón.
Copia de seguridade de Time Machine
Utiliza esta ferramenta para configurar copias de seguridade automáticas dos sistemas operativos Mac. Podes continuar nesta ligazón.

 

6. Comunicación con seguridade

Usa estas ferramentas para mellorar a seguridade das túas mensaxes, chamadas e emails para protexer mellor os teus datos e salvagardar as túas fontes.

Usa esta aplicación para asegurar unha conexión a internet segura e privada. Podes continuar nesta ligazón.
Mailvelope.
Utiliza esta ferramenta para enviar correo electrónico cifrado dentro dos navegadores web de Firefox e Chrome. Podes continuar nesta ligazón.
ProtonMail.
Utiliza este sistema de correo electrónico para ter un correo electrónico encriptado ao que só ti poidas acceder. Podes continuar nesta ligazón.
Signal
Utiliza esta ferramenta para enviar mensaxes seguros con cifrado de extremo a extremo, o que significa que ningún terceiro pode lelos ou escoitalos. Podes continuar nesta ligazón.

 

7. Protexe o teu correo e reputación

Protexer a túa reputación e marca é crucial para o teu éxito. Podes axudarte implementando ferramentas que aseguren o nome da túa marca e dirección de correo para que estas non sexan usadas con fines maliciosos facéndose pasar por ti.

Valimail Monitor.
Ferramenta totalmente automatizada que permite ver todos os usuarios que usan o teu dominio de correo. Podes continuar nesta ligazón.
DMARC Setup Guide.
Usa esta ferramenta para aplicar o sistema de autenticación de correo DMARC (Domain-based Message Authentication). Podes continuar nesta ligazón.
dmarcian.
Obtén informes, servizo e soporte sobre a implementación do sistema de autenticación de correco electrónico DMARC. Podes continuar nesta ligazón.
OnDMARC.
Bloquea os ataques de phishing e detén a suplantación de correco electrónico.
Test de detención de phishing de ImmuniWeb.
Detecta sitios web de cybersquatting, typosquatting e phishing, e contas falsas en redes sociais.

 

Contido ofertado coa colaboración de Global Cyber Alliance

   

 

 

Compartir

Compartir