M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

14/05/24
A presidenta de Women4Cyber Spain participa nunha mesa redonda sobre igualdade en Vigo

14 de Maio de 2024 I O centro AtlanTTic acolleu esta mañá a celebración da terceiradas xornadas “Conectando en igualdade”. Nesta ocasión centrouse no papel da muller na ciberseguridade, pechando o ciclo de eventos deste ano. O obxectivo fundamental deste ciclo é concienciar a sociedade tratando de amosar a necesidade de que a tecnoloxía mude cara aspectos máis inclusivos, feministas e de diversidade. Esta actividade conta co apoio de PuntoGal e da Unidade de Igualdade da UVigo.

Entre as relatoras da mesa redonda, ademáis de nomes coñecidos no campo das TIC en Galicia como Ana Fernández Vilas, Pilar Vila, Elena Rodríguez Lois ou Edita de Lorenzo, que exerceu como moderadora, estivo Eduvigis Ortiz, presidenta  e fundadora de Women4Cyber Spain. A súa presenza é parte das actividades acollidas ao convenio de colaboración que esta entidade de ámbito europeo, centrada no papel da muller na ciberseguridade, mantén con PuntoGal.

Antes da súa participación nestas xornadas mantívose unha reunión tripartita entre Women4Cyber, PuntoGal e o A Amtega para explorar posibilidades de colaboración no marco do Nodo Galego da Ciberseguridade CIBER.gal no futuro e a expansión dos traballos na perspectiva de xénero no ámbito da cibersegurdade en Galicia. Ademáis de Eduvigis Ortiz, estiveron presentes Edita de Lorenzo, secretaria da Xunta directiva de PuntoGal, Adrián Lence, Director da Área de Infraestruturas e Seguridade de AMTEGA e Gustavo Herva, Xefe da Subárea de Seguridade da AMTEGA.

Sobre PuntoGal

PuntoGal é a entidade xestora do dominio galego desde 2014. Constituída en 2006, desenvolve o seu traballo en tres ámbitos principais: xestión de dominios, representación de Galicia nos organismos de xestión da rede a nivel internacional e accións corporativas de apoio a iniciativas no ámbito da tecnoloxía, a rede, a lingua e a cultura. A día de hoxe hai en torno a 7.100 dominios .gal rexistrados. Para máis información: dominio.gal.

Sobre Women4Cyber

Women4Cyber é unha iniciativa que traballa para axudar a encher a fenda de xénero entre as persoas profesionais da ciberseguridade en Europa. No seguimento deste obxectivo, oprincipal obxectivo é animar e promover a capacitación, a capacitación e a recualificación de nenas e mulleres cara á educación e profesións de ciberseguridade. Para máis información: www.women4cyberspain.es

Sobre ciber.gal

O Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal é un espazo de colaboración público-privado constituído pola Amtega, o CCN, o INCIBE, as catro Deputacións Provinciais de Galicia e a FEGAMP. Ademáis dos seus membros fundadores, conta con preto de 50 entidades públicas e privadas adheridas ao mesmo. Grazas á coordinación e posta a disposición dos recursos dos seus fundadores e colaboradores, CIBER.gal traballa para deseñar e executar iniciativas para tres colectivos esenciais: a cidadanía, o tecido empresarial e a administración pública. Todas elas teñen como fin mellorar o nivel de ciberseguridade na contorna dixital galega, sensibilizar, capacitar e formar sobre a importancia da ciberseguridade a tódolos niveis e promocionar a industria galega neste eido. Para mais información: ciber.gal

Compartir

Compartir