M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

02/12/21
PuntoGal súmase á Global Cyber Alliance

2 de decembro de 2021, Santiago de Compostela / Bruxelas. PuntoGal acaba de asinar a súa incorporación á Global Cyber Alliance (GCA), a organización internacional creada en 2015 para afrontar os riscos cibernéticos e facer da rede un lugar máis seguro. O dominio convértese así na primeira entidade galega en sumarse a esta alianza global, dentro da súa política de reforzar a seguridade do ámbito dixital. Segundo sinalaron ambas partes, o obxectivo desta colaboración é fomentar a confianza no ecosistema dixital galego, do que PuntoGal é unha peza fundamental.

O Director xeral de PuntoGal, Darío Janeiro, sinalou que “a seguridade é un dos valores fundamentais do dominio. Desde a súa posta en marcha, mantemos unha política activa neste ámbito, co emprego de ferramentas e controis que reforzan a necesaria confianza que debe espertar un dominio no que as identidades están vencelladas ao territorio e ás empresas, entidades ou iniciativas galegas”. Para Janeiro, “a incorporación á GCA supón un paso relevante nese compromiso da man dunha alianza internacional que fornece ferramentas técnicas, información actualizada e conta cun programa de divulgación sobre unha das principais preocupacións dos usuarios da rede”. Janeiro sinalou, finalmente, que “o dominio seguirá colaborando no ámbito da seguridade dixital con novas iniciativas nas que está xa traballando”.

O convenio ofrecerá protección aos dominios baixo o paraugas de .GAL, coa incorporación á plataforma Domain Trust. Domain Trust é un proxecto promovido pola GCA para facilitar o intercambio de información sobre dominios maliciosos, unha das infraestruturas esenciais usadas pola ciberdelincuencia.

Ademais, PuntoGal implementará un programa para darlle a coñecer aos usuarios do dominio -e ao público en xeral- os recursos gratuítos de ciberhixiene creados polo GCA e os seus socios, como a Caixa de Ferramentas de Ciberseguridade, o Portal de Formación ou as guías e recursos para a implantación do protocolo DMARC de protección do correo electrónico.

“Aínda que pareza paradoxal, o obxectivo global da GCA —conseguir que o Internet sexa un espazo mais seguro para todos— tamén pasa por saber ser local. Para a GCA, alianzas coma a que acabamos de asinar con PuntoGal son esenciais, xa que permite chegar ao centro de ecosistemas ben consolidados onde poder demostrar a efectividade das nosas solucións”, asegurou Alejandro Fernández-Cernuda Díaz, director de participación activa no programa de integridade de Internet da GCA. “Grazas a PuntoGal, vamos ter unha conexión directa co tecido administrativo, cultural e empresarial galego, e unha oportunidade única de crear, dende o terreo, un espazo de confianza e seguridade co que apoiar a dixitalización e a xeración de riqueza en Galicia.”

Por último, o acordo entre PuntoGal e a GCA inclúe tamén un capítulo de cooperación, ofrecendo ao GCA a posibilidade de presentar os seus programas e proxectos nos foros nos que participa PuntoGal, tanto a nivel galego como internacional, e nas entidades coas que ten convenios, facendo máis doada a adopción de ferramentas e boas prácticas de seguridade na rede.

O GCA, pola súa banda, conta con PuntoGal para participar activamente no seu traballo co resto de socios que integran tanto a alianza como o proxecto Domain Trust.

*        *        *

Sobre PuntoGal

PuntoGal é a entidade xestora do dominio galego desde 2014. Constituída en 2006, desenvolve o seu traballo en tres ámbitos principais: xestión de dominios, representación de Galicia nos organismos de xestión da rede a nivel internacional e accións corporativas de apoio a iniciativas no ámbito da tecnoloxía, a rede, a lingua e a cultura. A día de hoxe hai máis de 6.000 dominios .gal rexistrados. Para máis información: dominio.gal.

Sobre a Alianza cibernética global

A Global Cyber Alliance é unha iniciativa internacional e intersectorial dedicada á misión de reducir o risco cibernético e mellorar o mundo interconectado no que vivimos. Para iso, unimos comunidades de todo o mundo baixo a nosa misión, implementamos solucións concretas e medimos os resultados. A GCA, constituída como unha empresa 501 (c) (3) nos Estados Unidos e como unha organización sen ánimo de lucro no Reino Unido e Bélxica, foi fundada en setembro de 2015 pola Oficina do Fiscal de Distrito de Manhattan, pola policía da cidade de Londres e o Centro de Seguridade en Internet. Para máis información: globalcyberalliance.org.

Compartir

Compartir