Logotipo PuntoGal
Logotipo PuntoGal
M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociaciones

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociacións

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

12/05/26
PuntoGal publica unha guía para mellorar a seguridade en liña no ‘Día Mundial dos Contrasinais’

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2026 · Co gallo do Día Mundial dos Contrasinais e en colaboración con NonProfitCyber, PuntoGal presenta unha nova guía práctica con recomendacións para fortalecer a seguridade das contas en liña. O documento, publicado baixo licenza Creative Commons CC BY-SA 4.0, forma parte da iniciativa internacional ‘Máis que un contrasinal’, que lembra cada ano que a ciberseguridade é unha responsabilidade cotiá.

PuntoGal, a entidade xestora do dominio identificador de Galicia na rede, é tamén membro de Nonprofit Cyber, a coalición internacional de organizacións sen ánimo de lucro que traballan conxuntamente para mellorar a seguridade en internet. Dende hai cinco anos, esta alianza promove a creación e difusión de boas prácticas, ferramentas e estándares que contribúen a facer da rede un espazo máis seguro.

A guía actualiza a Orientación Común sobre Contrasinais lanzada o pasado ano por NPC, e recolle pasos sinxelos que calquera persoa pode seguir para protexer as súas contas e datos persoais. Entre as principais recomendacións destacan a de empregar autenticación sen contrasinal, como as chaves de acceso ou passkeys, que ofrecen maior seguridade e comodidade; protexer a conta de correo electrónico cun contrasinal forte e autenticación multifactorial, dado que adoita ser o medio para recuperar claves doutros servizos; engadir unha capa adicional de seguridade mediante unha chave física, aplicación autenticadora ou outro segundo factor; utilizar un xestor de contrasinais para xerar e almacenar claves únicas e complexas ou crear contrasinais memorables e seguros, por exemplo, empregando tres palabras ao azar ou frases de paso.

A guía tamén inclúe instrucións claras sobre que facer en caso de hackeo, como cambiar de inmediato os contrasinais e comprobar se foron filtrados en servizos como haveibeenpwned.com.

 ‘A seguridade dixital non depende só das grandes tecnoloxías: pequenas accións, como activar a autenticación multifactorial ou usar un xestor de contrasinais, poden marcar a diferenza entre estar protexidos ou expostos’, sinala Darío Janeiro, director de PuntoGal.

Con esta publicación, PuntoGal reafirma o seu compromiso coa divulgación e concienciación en materia de ciberseguridade, animando ás persoas usuarias a adoptar hábitos seguros na súa vida dixital diaria, dentro da colaboración con outras entidades de ámbito internacional que adicadas a fomentar hábitos máis seguros na rede. 

A guía pódese consultar en https://i.gal/mquc

Sobre PuntoGal

PuntoGal é a entidade xestora do dominio galego desde 2014. Constituída en 2006, desenvolve o seu traballo en tres ámbitos principais: xestión de dominios, representación de Galicia nos organismos de xestión da rede a nivel internacional e accións corporativas de apoio a iniciativas no ámbito da tecnoloxía, a rede, a lingua e a cultura. A día de hoxe hai en torno a 7.700 dominios .gal rexistrados. Para máis información: dominio.gal.

Sobre Nonprofit Cyber

Nonprofit Cyber é unha organización internacional sen ánimo de lucro centrada no fortalecemento da ciberseguridade e da resiliencia dixital das entidades sociais, organizacións sen fins lucrativos e comunidades vulnerables. A través da colaboración, a formación, a investigación e o desenvolvemento de iniciativas abertas, a entidade promove un ecosistema dixital máis seguro, accesible e sostible. O seu labor baséase na cooperación entre profesionais da ciberseguridade, institucións públicas, empresas tecnolóxicas e organizacións da sociedade civil. Máis información en nonprofitcyber.org

Compartir

Compartir