M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

24/09/24
PuntoGal e a Global Cyber Alliance presentan unha caixa de ferramentas para ONGs

24 de Setembro de 2024 I PuntoGal e a Global Cyber Alliance(GCA) presentaron onte unha caixa de ferramentas pensada para a protección dos datos das entidades non gubernamentais e sen ánimo de lucro e os seus traballadores e colaboradores, pero que está ao dispor de calquera usuario interesado. Esta é a terceira caixa de ferramentas que se presenta, despois dunha específica para PeMEse outra para xornalistas que se presentou o pasado ano.

A caixa de ferramentas é unha versión traducida e adaptada do ‘ToolKit’ que publicou a GCA, no que se compilan utilidades que se poden usar de balde e que garanten a seguridade das comunicacións e do almacenamento de datos tanto nas actividades profesionais coma no tempo de lecer e as comunicacións privadas dos traballadores e colaboradores das entidades sen ánimo de lucro.

O Director xeral de PuntoGal, Darío Janeiro, sinalou que “esta terceira caixa de ferramentas consolida de xeito indubidable a colaboración coa GCA e axuda ás entidades e aos traballadores das ONGs a securizar o seu traballo e as súas comunicacións, que en moitos casos teñen lugar en entornos alleos e non sempre amizosos”. Janeiro comentou, finalmente, que “estas actividades inscríbense no esforzo do dominio para se constituír coma un espazo seguro para todos o seus usuarios, do que tamén forma parte a protección a través da plataforma Domain Trust, un proxecto promovido pola GCA para facilitar o intercambio de información sobre dominios maliciosos, unha das infraestruturas esenciais usadas pola ciberdelincuencia.”

Pola súa banda, Brian Cute, Director executivo de operacións e Director do programa de Capacitación e Resiliencia da GCA, comentou: “Estamos encantados de ampliar o éxito da nosa xa sólida alianza con PuntoGal para facer de Internet un lugar máis seguro para todos. Traballando xuntos é cando conseguimos facer moito máis para levar recursos daGCA coma as caixas de ferramentas e a plataforma Domain Trust a aínda máis comunidades.” E engadiu: “Estamos desexando traballar con máis entidades sen ánimo de lucro galegas.”

Compartir

Compartir