Pode ser cando chegas ao traballo pola mañá ou cando chegas á casa pola tarde. Igual o deixas para a fin de semana, porque de luns a venres xa tes abondo coas cousas do traballo ou de clase, pero nalgún momento abres a túa caixa de correo e les o que pasa no mundo, o que che contan algúns amigos ou coñecidos ou tendas ou asociacións.
Porque aínda que pareza que xa non conta, ao final o correo electrónico é un dos medios de comunicación que non cambia desde fai décadas. É verdade que as redes sociais tamén funcionan, pero veñen e van, cambian, se combinan ou desaparecen.
En cambio, o correo electrónico, que xa anda polo medio século de vida, segue aí. Por iso, se queredes saber o que facemos ou de que falamos, o mellor e subscribirse ao noso boletín. Podedes facelo aquí, e pronto saberedes de nós. Ollo, unha vez cada mes. Ou cando teñamos vantaxes que contar aos subscritores, que será moi pronto.