Logotipo PuntoGal
Logotipo PuntoGal
M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociaciones

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociacións

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

Ata o 18 de decembro, o teu dominio por menos de 10€ + IVE

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2026.- PuntoGal quere celebrar o final do ano cunha atractiva rebaixa no prezo dos novos dominios. Nos rexistradores sumados a esta promoción, as persoas interesadas poderán obter o seu .gal por un prezo máximo de 10 euros máis IVE. Os prezos rebaixados estarán vixentes desde o día 23 de novembro e ata o 18 de decembro. 

 Para poder aproveitar a promoción de desconto nos prezos do .gal que traen estas festas, é preciso dirixirse ás empresas rexistradoras Dinahosting, DonDominio, Openprovider, OVH.com, SW Hosting, OwnRegistar e JulyName, que ofrecen distintas políticas de prezos e servizos con rexistro de dominios novos. PuntoGal recomenda visitar todas as páxinas das empresas participantes na promoción e atopar a que se adapte mellor ás súas necesidades. Toda a información atópase na páxina www.dominio.gal/promocions/.

A campaña está deseñada por Edita de Lorenzo. Edita crea as súas imaxes entrelazando palabras nun tecido visual que nos transmite valores de convivencia na diferenza, con variacións de cor, ritmo e composición que achegan dinamismo e riqueza expresiva á obra. A través deste xogo de palabras e cores, a artista constrúe unha linguaxe visual propia na que a diversidade, o respecto e a pluralidade se entretecen para transmitir unha mensaxe de unión, diálogo e convivencia.

PuntoGal, que ten arredor de 8.000 dominios rexistrados, segue traballando para que todas aquelas persoas, asociacións, institucións e empresas que queiran visibilizarse na rede como parte da comunidade galega poidan facelo cun prezo competitivo.

O dominio continúa co seu programa corporativo de apoio a iniciativas relacionadas coa lingua, a cultura e as TIC en Galicia.

Máis información en www.dominio.gal ou no 670226268.



10€ + IVE
10€ + IVE
10€ + IVE
10€ + IVE
10€ + IVE
10€ + IVE
10€ + IVE