Logotipo PuntoGal
Logotipo PuntoGal
M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociaciones

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociacións

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

18/12/24
No décimo ano do dominio, isto é o que fixemos

Este ano 2024 marca unha data importante para nós: celebramos os 10 anos do dominio, e quixemos facelo por todo o alto na Feira Culturgal cun concerto de Caamaño&Ameixeiras e da banda Pava, o proxecto sonoro da poeta e compositora Lucía Aldao. Pola súa banda, a xente de Autobán organizóu un combate de debuxantes All Stars, vimos a varios equipos montar os seus robots da First Lego League, patrocinamos a emisión do podcast en directo O Faiado, e celebramos un coloquio sobre a creación de contidos en galego na rede. Houbo tempo de falar, reflexionar, crear e tamén celebrar. 

Neste aniversario tamén presentamos as Solucións para asociacións. Un novo proxecto na web de dominio, onde as entidades sen fin de lucro atoparán ferramentas, descontos ou outros recursos útiles.  

E fixemos unha serie de visitas insticuionais a entidades representativas e que appoiaron o dominio desde o principio, como o Parlamento, onde fomos recibidos polo seu presidente e os grupos, a Xunta de Galicia, acollidos  polo conselleiro de Facenda, e no Concello da Coruña, onde a entidade ten a súa sede, recibidos polo concelleiro de Innovación Tecnolóxica.

Pero o 2024 dou para máis que para celebrar un aniversario. A continuación volo contamos: 

 

Traballamos coa lingua

Aínda non rematara o mes de xaneiro cando presentamos a sétima edición do Concurso de Microrrelatos nunha rolda de prensa conxunta coa Real Academia Galega. E igual que cada ano, todo o mes de febreiro estivo aberto o prazo para a presentación de orixinais e tamén a promoción de prezos nos dominios.

En marzo apoiamos a celebración en Santiago do congreso PROPOR24, que é o maior encontro científico na área das tecnoloxías da fala e a linguaxe para as linguas Galega e Portuguesa.

 

Traballamos coa cultura

En maio repetimos unha promoción na que se animaba ao público para o uso e as subscricións ao medios de comunicación en galego, na que participamos con Dinahosting e coa Asociación de Medios en Galego. A acción Subscríbete ao galego tivo unha importante repercusión e visibilizou a medios que algunha xente descoñecía. 

E outro ano máis chegaron as feiras de autoedición. O patrocinio de PuntoGal volveu axudar co desenvolvemento do FunFunFun, que se celebrou e Santiago de Compostela en xuño inagurando o verán, e o Autoban, a feira coruñesa que ten lugar en pleno agosto compartindo datas cunha das citas máis veteranas do estado, o festival coruñés Viñetas desde o Atlántico. As dúas feiras tiveron edicións moi concorridas e frutíferas.

O dominio, en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, premiou cinco deseños das estudantes do CIFP Leixa inspirados pola colección téxtil do Museo do Pobo Galego. Os estudantes do CIFP presentaron as súas propostas entre as que o profesorado do centro e PuntoGal seleccionaron cinco modelos finalistas que serán distribuídas no museo. 

PuntoGal coa ciberseguridade

A principios de ano PuntoGal asinou un convenio de colaboración coa Women4Cyber Spain, e como parte dese convenio a súa presidenta, Eduvigis Ortíz, participou en varios actos en Galicia. 

Entre as accións formativas e colaborativas neste ámbito en marzo levouse a cabo un webinar organizado polo Colexio Profexional de Xornalistas de Galicia, PuntoGal e coa colaboración da Global Cyber Alliance. 

En setembro presentamos unha caixa de ferramentas de ciberseguridade para ONGs da man da Global Cyber Alliance, entidade coa que levamos colaborando na difusión da ciberseguridade dende . E tamén neste mes asinamos un convenio de colaboración coa Internet Watch Foundation, organización sen ánimo de lucro con sede no Reino Unido que ten como misión principal identificar e retirar da rede material ilegal relacionado co abuso infantil

Tamén no mes de novembro asistimos á reunión do nodo ciber.gal, do que formamos parte e ao que contribuímos, no que se reúnen todos os actores que teñen que ver coa seguridade da rede en Galicia. 

PuntoGal, unha ponte ao mundo

No mes de abril, co motivo do UA Day, fixemos unha xornada na UVigo para presentar esta iniciativa de ICANN, na que estivo presente Andrea Beccalli, entreo outros e na que se presentou o concepto e as implicacións da aceptación universal ao estudantado e a administración da universidade. 

No verán tamén mantivemos contactos con outros dominios para organizar unha reunión cos rexistradores autorizados por ICANN en Coruña, así coma unha reunión dos GeoTLDs en Londres. Como é habitual compartimos plans e ideas de traballo, así como actualizacións sobre novidades que se van achegando tanto desde a dirección de ICANN como desde a UE e que teñen que ver coa seguridade, a privacidade na rede e os dereitos dos usuarios. 

En outono tivo lugar a reunión de ICANN, este ano en Estambul, na que durante unha semana asistimos a reunións, análises e propostas nas sesións axendadas.

PuntoGal, coa tecnoloxía

Tamén este ano celebramos, coordenado polo CESGA, o día das rapazas nas TIC, que busca promover a presenza feminina nas carreiras e profesións vinculadas coas novas tecnoloxías. 

PuntoGal  colaborou en abril na terceira edición do certame Ada Byron, que busca os mellores equipos universitarios de programación competitiva entre os tres centros do Sistema Universitario Galego que ofertan Grados en Enxeñaría Informática: Facultade de Informática da UDC, Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC e Escola Superior de Enxeñaría Informática de UVIGO.

Coa re entrada do traballo no outono participamos nun par de eventos profesionais moi destacados. Por unha parte, na RMC organizada por Raiola Networks, e por outra estivemos na WordCamp de Pontevedra e Vigo. 

E falando de celebracións, tamén estivemos na Noite Galega das Telecomunicacións e Sociedade da Información, igual que noutras ocasións.

PuntoGal co deporte

O verán tamén é tempo de deportes ao aire libre. A Federación Galega de Fútbol Gaélico, outra das iniciativas que apoia PuntoGal, desplazáronse a Madrid ao torneo Madrid Harp. Dúas femininas e dúas masculinas, que trouxeron de volta a Galicia algún que outro trofeo. En canto ás GaelicoEscolas, invitaron ao equipo cadete irlandés Erin Go Bragh á celebración da Celtic Week en Galicia, cun intercambio de experiencias para a mocidade.

 

Outras accións do dominio

Neste ano 2024 non deixamos de lado unha das nosas tarefas permanentes, os contactos con entidades da sociedade civil para colaborar no traballo común. Coma sempre, estes contactos quedan formalizados en convenios entre os que queremos destacar o asinado con A Colectiva, para facilitar o acceso dos artistas galegos ao dominio.

Outros dos patrocinios regulares, neste caso o que nos achega á xente máis nova, e a da First Lego League Galicia, no campus de Ferrol, que convocou máis de trescentas nenas e nenos, e onde entregamos o premio ás novas promesas

Tamén apoiamos os premios Paraugas, do Clúster da Comunicación de Galicia. Na gala de entrega de premios estivemos presentes e entregamos un deles, aproveitando para estimar as campañas e accións publicitarias e de márketing máis interesantes do ano en Galicia.

Feliz ano a todas.

Compartir

Compartir