Que teñen en común un periódico deportivo, unha canteira, unha entidade adicada á lingua, un festival de arte e unha cooperativa leiteira? Que son galegos e que usan un dominio .gal. E xa hai miles!

Nesta nova sección que estreamos coa nova páxina podedes coñecer algunhas das webs, con todo o equipo, o traballo e as circunstancias que teñen detrás. Nalgún caso será unha iniciativa persoal, e noutras un grande grupo empresarial, pero todas teñen algo que as une: o lugar de onde veñen e a lingua que falan.

Silvia Carregal, de asnosas.gal, nos conta como no traballo por visibilizar a práctica deportiva feminina en Galicia publicaron cousas tan interesantes coma reportaxes sobre a maternidade e a conciliación para as deportistas.

María Obelleiro, de nosdiario.gal, fálanos do proxecto de poñer na rúa un periódico en papel todos os días, cubrindo un espazo informativo que moitos lectores botan en falta.

A xente de urdime.gal debulla as complicacións da produción e a distribución cultural nos momentos máis complicados da pandemia, e como as ferramentas dixitais axudan a suplir o traballo presencial.

Eliseu Mera, de a.gal, comenta a súa identificación cun dominio dunha soa letra e todas as ferramentas lingüísticas que poñen en marcha na web.

Estade atentos para ler as novidades e, se queredes que falemos de vos, non tedes máis que vos poñer en contacto con nós.