M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

05/11/20
proxectando cultura con urdime.gal

A xente de urdime.gal cóntanos o que fan no seu día a día, como comezaron a súa andaina e como, despois dunha traxectoria xa consolidada como cooperativa do sector cultural, a pandemia está facendo que se replantexen os seus plantexamentos e reconsideren o papel do mundo dixital no que seu traballo. 

En Urdime somos unha cooperativa de traballo asociado. Formamos parte, polo tanto, da economía social e desenvolvemos o noso traballo dentro do sector cultural, encargándonos da distribución, acción cultural e xestión de proxectos e eventos nas que a creatividade e a cultura é o centro e o argumento fundamental do noso día a día.

Urdime botou a andar no mes de decembro de 2012, e nestes xa oito anos de traballo fomos consolidándonos como unha das empresas de referencia no noso país, na distribución de artes escénicas para todos os públicos. Contamos no noso catálogo con máis de vinte compañías e grupos musicais, ó tempo que a nosa parte de distribución se consolidaba foi collendo máis peso a acción cultural que sempre estivo presente pero na que cada vez son máis os proxectos e ideas que chegan a termo e que van dende a contextualización, deseño e produción de eventos á organización de exposicións, xornadas, encontros,..

Este ano, a situación xerada a partir de marzo fixo que miremos cada vez máis ó mundo dixital e polo tanto, nos últimos meses, boa parte do noso traballo xirou arredor da adecuación da nosa actividade á nova realidade, traballando na xestión de públicos, na garantía de seguridade en todas as nosas producións e na aposta pola cultura segura, e pola cultura como ben de primeira necesidade.

Seguiremos apostando polo traballo digno no sector cultural, acreditamos na capacidade e necesidade da cultura como garante da vida en sociedade, e da creatividade como ferramenta fundamental para ese futuro que nos toca construír e ó que queremos achegar o noso xeito de entender as relacións laborais e a vida en sociedade.

Eliximos o nome urdime.gal porque nos sitúa no mundo dende o lugar no que traballamos, porque eliximos o galego como idioma da URDIME dende o primeiro día e por tanto este é o dominio que nos corresponde. O uso do dominio .gal facilita a nosa localización, a visibilidade da aposta estratéxica pola nosa cultura como elemento vertebrador da nosa acción empresarial e permítenos tecer redes con todas as persoas, entidades e empresas coas que compartimos cultura e horizonte.

Compartir

Compartir