M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

12/05/21
Instalar firefox en galego en mac

Firefox é un navegador web, un programa que permite acceder a sitios web, interpretalos e mostralos en distintos dispositivos. É de balde e de fonte aberta, así que calquera pode contribuír ao seu desenvolvemento.  A súa versión en galego, por exemplo, está preparada e compilada por Proxecto Trasno. Está dispoñible para Windows, Mac, Linux, IOS e Android.

1.- ir a https://www.mozilla.org/gl/

2.- Darlle ao enlace de descarga

3.- Abrir a imaxe de disco, que estará na carpeta de descargas. Vaise abrir no escritorio, con esta imaxe:

4.- Botar a icona de firefox no cartafol de aplicacións

5.- Unha vez copiado, xa podes expulsar o disco do escritorio

6.- Podes buscar a icona na carpeta de aplicacións e pulsar para abrir o navegador:

7.- Xa estás navegando na rede en galego

8.- Se ademais queres instalar un corretor de galego, podes facelo desde esta ligazón: https://addons.mozilla.org/es/firefox/addon/corrector-de-galego/

9.- Unha vez que visitas esa web (usando xa o firefox), só tes que darlle ao botón de instalar  e seguir as instrucións.

10.- Xa instalado, so hai que activalo no menú. Cando escribas no navegador (no webmail, nas redes sociais), sinalará os erros en galego e che fará suxestións para corrixilos.

11.- Es dos que usan Apple para todo? Queres usar tamén o navegador en galego no teu iPhone? Para iso temos outra guía, que podes consultar en dominio.gal/guias

Compartir

Compartir