A corporación para a asignación de nomes e números (ICANN coas siglas en inglés) ven de publicar o seu último estudio sobre o impacto da COVID-19 na seguranza do Sistema de Nomes de Dominio (DNS). A ICANN que é o organismo internacional que regula a internet e ten entre as súas misións asegurar unha Internet global estable, segura e unificada.
Este estudio titulado “Rexistros relacionados coa Covid-19: 18 meses de estudo” (Registrations Related to COVID-19: 18 Months of Data) contou coa colaboración de diferentes organismos do mundo dos dominios, e publicada pola oficina do Oficial Xefe de Tecnoloxía (OCTO). Estes estudos desvelaron que a incidencia de dominios envoltos en phishing ou calotes, foi de entre o 1.8 ata o 6.1%.
Durante este período houbo un grande incremento de dominios rexistrados, polo que decidiron facer este reporte ao ver esa grande incidencia, por se supuña algún tipo de ameaza na rede, comezando polos artigos na prensa común onde se falaba de reportes de phising con termos relacionados coa “COVID”. Isto fixo que a ICANN puxera o seu coñecemento e experiencia ao servizo dos que o precisaran, para rematar con todo o que fose sospeitoso de abuso.
Deste estudo sacaron que moi poucos ou case ningún destes dominios con termos relacionados coa COVID tiñan algún tipo de contido malicioso ou se consideraron ameazantes.
A ICANN tamén ven de crear o proxecto de Recollida de Información sobre Ameazas á Seguridade dos nomes de Dominio que recolle datos para estudo baseado na recollida dos dominios que usaban a terminoloxía da pandemia da Covid-19. Cando atopa actividade maliciosa encárgase de avisar ao responsable do rexistro ou rexistrador para que proceda apropiadamente.