A ICANN (Internet Corporation for Assigned Names and Numbers) é unha organización sen ánimo de lucro de orixe estadounidense que opera nacional e internacionalmente.
Foi creada para responder ante a necesidade de privatizar tanto a administración de internet como a dirección e os nomes dos que a conforman.
Antes da ICANN, a IANA ou Internet Assigned Numbers Authority era a organización encargada de facer as labores de asignación dunha identificación en internet.
A ICANN foi fundada el 30 de setembro de 1998, e orixinalmente estaba formada por 3 organizacións de apoio, que eran a ASO (Address Supporting Organization), a PSO (Protocol Supporting Organization) e a DNSO (Domain Names Supporting Organization).
As principais responsabilidades da ICANN son:
- Asignar direccións IP ou do protocolo de internet, que, dicho de otra forma, é o que identifica un dispositivo de internet ou a unha rede.
- Administra o sistema do servidor raíz. Este último é o que coñecemos como un server de nomes. É o primeiro paso para a resolución de nomes lexibles para os hosts en formato de direccións IP. A identificación dos mesmos debe ser perfecta para propiciar unha boa comunicación entre eles.
- Asignan funcións de xestión de sistemas de dominio, que, explicado de outra forma, designan a diferentes organizacións e empresas para cumprir un determinado rol no desenvolvemento dun mundo virtual máis seguro.
Cada ano se fan máis de 300 reunións internacionais públicas en diferentes partes do globo, que duran de 4 a 6 días. A estas están invitados os membros da comunidade internacional da ICANN.
Neste congreso os temas expostos son:
Puntogal participa nesta organización a través de GeoTLD.Group, co fin de dar representación a Galicia como entidade en internet. Neste grupo se fan reunións coa ICANN, onde o dominio galego ten voz na toma de decisión respecto ás políticas de internet desenvoltas e que están por desenvolver a nivel nacional e internacional. As GeoTLD teñen como fin defender as diferentes entidades locales dentro do internet. A este nivel, Puntogal trae negocio a Galicia. Ademáis disto, o dominio tamén pertence a RYSG (Registics Stakeholder Group) conformado por rexistradores e rexistros.
As accións da ICANN son fundamentais para que o usuario poida acceder con confianza a internet desde todas as partes do mundo. Ademáis, fai peticións propias que son discutidas e negociadas co apoio da Unión Europea e as distintas organizacións do nosos continente que traballan na área de internet.
Manter a privacidade e poñer barreiras nun mundo virtual non é nada fácil, pero, grazas ás aportacións da Unión Europea á ICANN, nas que participa PuntoGal, a evolución hacia un internet seguro está máis cerca. Esta semana celébrase a reunión da ICANN74, na Haia, Holanda, do 13 ao 16 de xuño, onde se debaten todos os temas mencionados anteriormente.