M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

15/06/21
Twitter en Galego, chíando en galego na rede
Twitter en Galego é unha iniciativa que se creou en 2011 coa finalidade de conseguir o maior apoio de internautas para reclamar a posibilidade de traducir Twitter ao galego. Hoxe falamos con Carlos Vieito sobre as súas experiencias e proxectos de futuro.

 

Pregunta: Quen sodes e que facedes?

Resposta: A iniciativa Twitter en galego é un proxecto que nace do activismo dixital a través dunha conta na propia plataforma social creada por Carlos Vieito, promotor e impulsor desta iniciativa, coa que comeza a solicitar directamente a Twitter a posibilidade de traducir esta rede social á lingua galega. O obxectivo principal é que todos os usuarios e usuarias poidan configurar a súa conta en galego e así, poder chiar.

Outro dos obxectivos, é que cada día máis persoas que están en Twitter se sintan cómodas publicando as súas mensaxes de 280 caracteres en lingua galega. Dende a iniciativa temos clarísimo que é fundamental que a xente, non só configure o seu perfil en galego, tamén que se comunique publicamente na súa lingua. Por iso entendemos que é preciso crear un ambiente atractivo para facelo.

P: Pódesnos facer un pequeno resumo da vosa historia e dos vosos principais traballos ou actividades neste tempo

R: O proxecto acaba de cumprir 10 anos dende que se publicou o primeiro chío; unha década intensa e interesante a partes iguais. En maio de 2011 a iniciativa ve a luz con un simple cometido: poder configurar esta plataforma social na nosa lingua. Logro que se consegue en 2013, despois de mobilizar dixitalmente á comunidade galega en Twitter e coordinar todo o proceso de tradución de centos de tradutores e tradutoras voluntarias.

Estas mobilizacións promoven o uso do galego nas redes sociais, máis alá dos límites de Twitter, para facela lingua común entre a xente máis moza coa finalidade de perder os prexuízos a comunicarse a través das novas plataformas dixitais, creando unha comunidade onde se senten cómodas falando en galego.

O maior reto da iniciativa foi a tradución voluntaria do inglés ao galego de toda unha plataforma social e nun tempo récord. Tradúcense máis de 10.000 cadeas e valídanse máis de 50.000 termos en apenas seis meses, convertendo á comunidade galega nunha das máis activas no Twitter Translation Center. Para lograr ese obxectivo acábanse creando unha morea de ferramentas dixitais para facilitar que os usuarios e usuarias desta plataforma participen activamente na tradución deste proxecto. Fomentando desta forma a colaboración e o intercambio de ideas arredor da lingua nun novo ámbito, como o dixital e as redes sociais.

A iniciativa crea da nada toda unha terminoloxía para adaptar a lingua galega á nova realidade dixital. Os usuarios e usuarias de Twitter xa falan de publicar chíos e os medios de comunicación xa os usan con total normalidade cando queren facer referencia ás mensaxes publicadas nesta plataforma social. A normalización e uso destes novos termos é tan exitosa, que a Real Academia Galega acaba incluíndo estas novas acepcións no seu dicionario.

P: Cales son os vosos plans de futuro? Cara onde queredes ir?

R: A nosa próxima meta é que quen quixer poida configurar o seu perfil de Twitter en lingua galega na aplicación. Por esta razón, estamos a reclamar nestes momentos a actualización das linguas da versión móbil, pois o galego aínda non está dispoñíbel, cando xa leva ben tempo traducido e listo para incluílo nos dispositivos móbiles.

Estaría xenial que, ademais de poder configurar esta plataforma en lingua galega, máis usuarios e usuarias dean o paso por publicar as súas mensaxes curtas en galego.

P:  Cal é a vosa web? Por que elixistes ese nome? E por que preferides o dominio .gal?

R: A nosa web é fácil de encontrar: twitterengalego.gal. Un nome directo e fácil de identificar coa iniciativa para que ás persoas lles sexa máis doado saber de nós.

Creo que o dominio puntogal son as nosas cores; a bandeira que nos identifica na rede global. Sabes que detrás desa web hai unha persoa que estima e aposta polo mesmo ca ti. Ademais, cada vez que entro nalgún ecommerce ou nun sitio web que ten a súa URL rematada en puntogal, transmíteme confianza e valor engadido a todo aquilo que ofrece. Estou seguro que se se tratara doutro dominio xenérico, non tería o mesmo efecto. É xenial atopar mentres estás navegando algún sitio web rematado en puntogal.

P:  Que pensades que vos ofrece o dominio .gal, tanto online coma offline?

R: Mais que nos ofrece o puntogal a nós, diría que podemos ofrecer nós á comunidade puntogal. Considero que apostar por termos un dominio propio é que case como un deber cívico de calquera persoa ou estabelecemento que ofreza algún tipo de contido ou servizo a través da rede na nosa lingua. Creo que é facernos ver como pobo, en todos os seus sentidos, tanto na Internet como fóra dela.

Compartir

Compartir