Logotipo PuntoGal
Logotipo PuntoGal
M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociaciones

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociacións

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

05/08/21
Abre a fase de rexistro de dominios especiais de 1 e 2 caracteres

O dominio PuntoGal abriu este 4 de novembro a fase de rexistro para os dominios de 1 e 2 caracteres, que ata este momento non era posible rexistrar. Trátase das combinacións dunha e dúas letras ou números que conforman dominios especiais, do tipo “4.gal” ou “le.gal”, polo que tanto o proceso de asignación como o prezo son diferentes aos dominios estándar. Esta fase inicial estivo aberta durante 90 días, ata o 14 de outubro.

Os dominios de 1 e 2 caracteres entran dentro da categoría de dominios premium, xa que son nomes únicos, facilmente recoñecibles, curtos e, polo tanto, fáciles de lembrar. A asignación destes dominios non segue o procedemento habitual de rexistro libre, senón que se abre unha fase previa na que todas as entidades, empresas ou institucións que teñan interese en adquirilos terán que presentar unha solicitude. Unha vez rematado o prazo, PuntoGal revisará a información recibida e asignará os dominios tendo en conta o cumprimento dos requisitos previos. As peticións recolléronse mediante un formulario dentro do panel do dominio dos rexistradores que colaboran nesta acción.

Nesta fase houbo dúas categorías. Unha primeira é para persoas físicas ou xurídicas con vocación específica de fomento da lingua ou cultura galegas, entre as que se inclúen as administracións públicas con competencias no territorio galego. As solicitudes serán para rexistrar os seus nomes, variacións ou abreviaturas, ou os seus servizos en liña. A segunda categoría resérvase para o rexistro de marcas e indicacións xeográficas recoñecidas pola normativa galega, española ou da Unión Europea, tendo prioridade as marcas de Galicia.

En calquera dos casos, PuntoGal analizará todas as solicitudes recibidas e valorará moi especialmente que os dominios se destinen a proxectos concretos ben definidos, con presenza prioritaria do idioma galego nos seus contidos.

Unha vez remate esta primeira fase, e se asignen os dominios iniciais, PuntoGal lanza a segunda fase, de tipo libre, onde os dominios restantes están dispoñibles para calquera persoa que queira contratalos. En ambas fases, .GAL vixiará o uso e dedicación dos dominios para que cumpran coa normativa xeral de uso do rexistro.

Na seguinte ligazón pódese consultar todo o procedemento e normativa sobre os dominios de 1 e 2 caracteres. Para calquera consulta sobre o procedemento, os interesados poden dirixirse ao correo electrónico info@dominio.gal.

Compartir

Compartir