Na aposta pola ciberseguridade, PuntoGal segue a buscar alianzas e colaboracións en todos os ámbitos. No caso destes artigos divulgativos, imos da man de un rexistrador e fornecedor de servizos en internet desde fai décadas: Arsys. Se queredes saber máis estade atentos a esta sección.
16 de febreiro de 2022.| PuntoGal, en colaboración con Arsys, inicia hoxe unha campaña de consellos prácticos sobre #ciberseguridade na súa web e nas redes sociais para concienciar da súa importancia a webmasters, administradores de rede e cidadanía en xeneral. Mediante unha serie de artigos que se publicarán de forma periódica na web de PuntoGal, as dúas entidades difundirán os conceptos máis importantes nesta materia en ámbitos como o do correo electrónico, a protección dos datos, os formularios web, as técnicas de ciberataque máis habituais… e todo tipo de recomendacións para mellorar a nosa seguridade online. Os contidos poden consultarse en www.dominio.gal/ciberseguridade
PuntoGal, que supera xa los 6.200 dominios rexistrados, “comeza o novo ano reforzando a súa aposta pola ciberseguridade, especialmente no ámbito da concienciación e a prevención. Ese é o punto central deste proxecto conxunto con Arsys, no que insistiremos en las medidas básicas de defensa e daremos a coñecer os termos e as técnicas de ataque máis comúns” comenta Darío Janeiro, director xeral de PuntoGal. A iniciativa “reforza a nosa implicación neste tema, iniciada coa adhesión á Global Cyber Alliance en 2021, o que converteu a PuntoGal na primeira entidade galega que forma parte dela”.
“A ciberseguridade é unha de las principais preocupacións das nosas empresas. Aínda se dan demasiados casos nos que as nosas Pemes deciden incorporar as medidas máis básicas nesta materia cando teñen que poñer remedio a problemas máis ou menos serios. En seguridade é fundamental ser proactivo e é necesario seguir insistindo na concienciación. Ese é precisamente o obxectivo da nosa colaboración coa Asociación PuntoGal, ofrecer a particulares, micro empresas e pemes galegas información útil que os axude a conseguir negocios máis seguros, para eles e para os seus clientes”, explica Nieves Franco, CEO de Arsys.
PuntoGal
O número de dominios .gal segue crecendo e xa conta con máis de 6.200 rexistros. .GAL forma parte del Geotld Group, o RYSG Group, a Global Cyber Alliance e o Clúster da Comunicación de Galicia. Entre os seus últimos proxectos atopamos o ambicioso programa do Museo do Pobo Galego para a conservación do patrimonio inmaterial galego (APOI); o patrocinio das Gaélico Escolas, unha iniciativa educativa para que os novos practiquen e aprendan sobre o fútbol gaélico; o soporte de contidos en galego en novas plataformas; ou a organización xunto con GCiencia dos premios Spin-Off PuntoGal que destacan o labor no campo da ciencia e a investigación nas universidades galegas.
Arsys
Con máis de 25 años de experiencia, Arsys lidera o mercado profesional español de servizos de presenza en Internet, cloud computing, hosting xestionado e solucións de infraestrutura IT. Está especializada no deseño de proxectos personalizados na nube, sempre coas máximas garantías de dispoñibilidade, rendemento, seguridade e compromiso, acompañado ás empresas en todas as etapas da súa transformación dixital, desde a consultaría inicial ata a posta en marcha definitiva. Todo isto co mellor soporte empresarial do mercado.
Líder en innovación, forma parte de United Internet, a maior empresa europea do sector. Conta con máis de 290.000 clientes e xestiona máis de 120.000 servidores desde os seus Centros de Datos en España e nos seus nodos Cloud en EE.UU., Inglaterra e Alemaña. O seu Centro de Datos de Logroño é uno de los máis avanzados do noso país e está avalado polas principais certificacións na externalización de infraestruturas IT: Tier III, Esquema Nacional de Seguridade, Cloud and Infrastructure Operations Services de SAP, ISO 27001 (seguridade), ISO 50001 (sustentabilidade) e ISO 9001 (calidade). Desde 2015 só funciona con enerxía procedente de fontes 100% renovables. Máis información en arsys.es