Logotipo PuntoGal
Logotipo PuntoGal
M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociaciones

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociacións

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

10/09/24
PuntoGal avanza no seu compromiso pola seguridade na rede asinando un convenio coa Internet WatchFoundation

A Coruña, 10 de Setembro de 2024– PuntoGal ven de asinar un convenio coa  Internet WatchFoundation (IWF), organización sen ánimo de lucro con sede no Reino Unido que ten como misión principal identificar e retirar da rede material ilegal relacionado co abuso infantil. Esta vía de colaboración permitirá a PuntoGal a detección temperá de dominios fraudulentos ou enganosos pensados para aloxar contidos potencialmente perigosos para a infancia.

Nestes últimos anos, a IWF experimentou un crecemento significativo na súa capacidade de detección e eliminación de contido ilícito, grazas ao uso de tecnoloxías avanzadas e a un equipo de expertos. No ano pasado, a organización procesou máis de 390.000 informes de contido potencialmente ilegal, eliminando de internet máis de 275.000 imaxes e vídeos que mostraban abuso infantil.

Falando desta colaboración, Chris Hughes, o director da Líña Directa do IWF, dixo: “é fantástico que os rexistros de nomes de dominio como PuntoGal agora poidan acceder ás potentes ferramentas da IWF grazas o patrocinio do Rexistro de Interese Público”.

“Este patrocinio permite dous servizos do IWF importantes, as Alertas de Dominio e a Lista Hopping para os dominios de primeiro nivel, sen custo adicional para os rexistros e os provedores de servizos de rexistro.”

“O acceso privilexiado de PuntoGal axudaralle a frustrar as actividades das tentativas criminais na explotación sexual de menores e interromper a difusión de imaxes e vídeos de abuso sexual infantil. Colaboracións como estas son vitais para facer da Internet un lugar seguro para todos”.

Pola súa banda, PuntoGal vai incrementando así as súas colaboracións con entidades internacionais que traballan na seguridade na rede “facendo un dominio máis seguro”, en palabras de Darío Janeiro o seu director xeral. “Proxetendo o dominio non só facemos un traballo para a rede, tamén para toda a comunidade”, engadiu Janeiro, quen lembrou que “as políticas do dominio son claras e públicas. O noso equipo traballa todos os días para facer que se cumpran, especialmente cando protexen aos colectivos que máis o precisan”.

Antes da IWF xa se asinaron acordos e se puxeron en marcha iniciativas en común coa Global Cyber Alliance, o nodo ciber.gal ou as Women4Cyber, entre outras entidades. Con estas colaboracións, PuntoGal busca manter o dominio .gal un dominio seguro, convertíndoo nunha referencia de fiabilildade e confianza tanto desde o punto de vista técnico como de contidos. “ A ciberseguridade e a protección dos nosos usuarios son obxectivos centrais do dominio. Este convenio, xunto con outras colaboracións e iniciativas nas que estamos traballando, mostran o compromiso de PuntoGal cunha rede máis segura”, conclúe Janeiro.

Sobre IWF.org.uk

A Internet WatchFoundation (IWF) é unha organización británica sen ánimo de lucro que traballa para identificar e eliminar contido de abuso sexual infantil en internet. Fundada en 1996, o IWF colabora con empresas tecnolóxicas, gobernos e axencias de seguridade en todo o mundo para protexer aos menores e asegurar que internet sexa un espazo máis seguro.

Máis información en iwf.org.uk

Sobre PuntoGal

PuntoGal é a entidade xestora do dominio galego desde 2014. Constituída en 2006, desenvolve o seu traballo en tres ámbitos principais: xestión de dominios, representación de Galicia nos organismos de xestión da rede a nivel internacional e accións corporativas de apoio a iniciativas no ámbito da tecnoloxía, a rede, a lingua e a cultura. A día de hoxe hai en torno a 7.100 dominios .gal rexistrados.

Para máis información: dominio.gal.

Compartir

Compartir