M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

11/10/22
Na Utopia, o espazo en galego para aprender o que queiras, cando e onde quieras

As ferramentas de aprendizaxe online arrasan en moitos idiomas. Na Utopia é un proxecto dirixido a todos aqueles que se animen a aprender cousas novas de calquera ámbito en galego desde calquera sitio. A que esperas para saber máis?

Pregunta: Contádenos un pouco, quen sodes en nautopia.gal e que facedes?
Resposta: Na Utopía é un proxecto de obradoiros online en galego de temáticas diversas. De momento só estou eu, Lorena, detrás do proxecto. Son a persoa que se encarga tanto do contacto coa xente que queremos que dea os obradoiros, como da gravación e a edición dos mesmos. Por suposto teño colaboracións puntuais, como o deseñador web Anxo Sánchez, encargado de facer o sitio web, ou Nándo Pérez, responsable do proxecto Canción DeSastre, que nos fixo a banda sonora para os vídeos.

P: Por que usades nautopia.gal para a vosa web?
R: Unha das partes máis importantes do proxecto é o idioma, polo tanto non tiña sentido facelo con outro dominio, existindo un propio. É unha sorte poder formar desta comunidade de iniciativas tan distintas que apostan por existir en galego.

P: De onde xurdiu a idea do voso negocio?
R: Nun principio, de dar saída á miña profesión como deseñadora gráfica dun xeito diferente. O deseño non deixa de ser unha ferramenta de comunicación e con este proxecto podía darlle saída dun xeito útil para a sociedade e moi ilusionante para min. Xuntando isto coa loita do idioma, nace Na Utopía, onde podemos aprender dun montón de xente galega interesantisima, temáticas moi variadas.

P: Cales son os vosos plans de futuro? Cara onde queredes ir?
R: Temos moitas ideas para o futuro, así que esperamos que o proxecto guste e á xente lle resulte interesante, porque temos aínda moito máis que ofrecer. Queremos seguir engadindo contido diverso de forma continua para crear unha plataforma moi completa á que a xente poida acudir sempre para aprender ou descubrir cousas novas.

P: Onde traballades principalmente e cales son os vosos proxectos?
R: Na Utopía digamos que ten dúas partes: por un lado temos un pequeno estudio, de momento na casa, a onde se achegan as persoas que fan os obradoiros para a gravación dos mesmos. Por outro lado, ao ser unha plataforma online, pode acceder calquera persoa en calquera lugar. Neste sentido, unha das cousas que queremos ter para o futuro son subtítulos tanto en galego coma noutros idiomas. Deste xeito, non hai escusa para non aprender en galego 😉

P: Que pensades que vos ofrece o dominio .gal?
R: Todo o noso proxecto está feito en galego, así que o dominio non podía para nós ser outro. Creo que por unha banda, colócache nun lugar case reivindicativo, no que sabes que a lingua vai ser importante. Mais por outro é un paso para o camiño da normalización. Nun proxecto coma o noso no que a web é o sitio principal, non consideramos outra opción que non fose esta.

P: Se hai algo máis que queirades comentar aos nosos lectores, este é o lugar.
R: Temos a costume de recorrer a outros idiomas en moitas situacións nas que non teriamos por que ou moitas veces nas que non temos outra opción: ver un filme dobrado, activar as subtítulo noutra lingua, buscar na rede ou procurar contido no YouTube. Este proxecto é unha oportunidade para que isto non teña que ser así, para que poidas aprender na túa lingua de temas tan distintos como a fotografía, a música ou o gancho (e moitos máis que están por vir). Creo que unha oportunidade tanto para o público, como para ver que proxectos así poden existir e funcionar, e así dar pé a que veñan moitos máis.

Compartir

Compartir