Logotipo PuntoGal
Logotipo PuntoGal
M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociaciones

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociacións

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

18/12/24
ICANN lanza unha web divulgativa sobre novos dominios que inclúe a PuntoGal

 

A ICANN, organización que xestiona a rede a nivel global, presentou unha nova páxina web para divulgar o funcionamento e o uso dos dominios como parte da sús campaña para o lanzamento da seguinte rolda. O obxectivo é dar a coñecer casos de éxito coa historia dos rexistros participantes de tal forma que sirvan de exemplo e demostración de funcionamento.  Entre os quince dominios que se toman como exemplo está PuntoGal: https://newgtldprogram.icann.org/en/resources/usecases.

Neste primeiro grupo de entidades que contan a súa experienciaestá tamén .bzh, de Bretaña, que tamén é parte dos Geotlds, dominios xeográficos, culturais e lingüísticos. Outros que se citan son de marcas, como .microsoft, asociacións profesionais como .pharmacy ou dominios comerciais, como.xyz.

O documento de cada rexistro inclúe unha breve presentación, os datos fundamentais co URL e a caixa de correo de contacto, así como un breve cuestionario sobre o proceso de consecución e uso do dominio.

“PuntoGal é o dominio propio de Galicia pero tamén é un dominio aberto ao mundo, integrado no ecosistema de ICANN e das asociacións de rexistros e rexistradores”, sinala o director xeral de .gal, Darío Janeiro. “Sempre estamos dispostos a contar a nosa experiencia e a poñer en valor o traballo realizado nestes anos”, conclúe.

O dominio galego cumpre este 2024 os seus dez primeiros anos de vida operativa, se ben a entidade que lle da soporte comezou a andar no ano 2006. Nos últimos meses, PuntoGal celebrou este aniversario con distintos eventos e iniciativas, que tiveron o seu momento culminante na festa no Culturgal de Pontevedra. Ademais, .gal lanzou unha promoción especial, aínda vixente, para obter o dominio a un prezo especial e unha segunda con vantaxes adicionais para entidades sen ánimo de lucro. O dominio conta hoxe en día como máis de 7.200 rexistros.

Compartir

Compartir