Logotipo PuntoGal
Logotipo PuntoGal
M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociaciones

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociacións

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

12/05/22
Entrevistamos a Xavier Idevik, director de marketing de DonDominio

Hoxe falamos con Xavier Idevik, director de marketing en DonDominio, e experto en Marketing Digital, Analítica Web e Business Intelligence con máis de 10 anos no mundo dos dominios. Empezou en el 2011 como axente de soporte en DonDominio. Durante esta etapa, foi compaxinado o traballo cos estudos, o que lle permitiu cambiar ao departamento de marketing, sección que dirixe na actualidade.

Que valor lle da a unha empresa ou institución dispor do seu propio dominio?

En DonDominio gústanos comparar un dominio cun DNI, porque, igual que só pode existir un DNI, e este identifica a unha persoa, un dominio identifica a unha empresa e institución en Internet. É coma un DNI dixital. Por iso a importancia que ten para calquera negocio ter o seu propio dominio, xa que é a forma de ter a súa propia identidade en internet.

Que atributos fan que un dominio como .gal poida ser recomendable para unha entidade en Galicia? Por que apoiades ao dominio incluíndoo entre os que vendedes?

O dominio .gal ten a vantaxe de que pode dar unha visión moi xeo-localizada dun negocio e pode crear un sentimento de pertencer a unha comunidade, que para un negocio local é moi importante.

Que recomendacións darías a unha pequena empresa que quere empezar a desenvolver o seu negocio dixital?

Que se quiten o medo de adentrarse ao mundo online. Nas pequenas empresas soe pensarse que non é rentable ter unha páxina web, cando hoxe en día sucede todo o contrario. Calquera negocio, por pequeno que sexa, terá vantaxe se ten creada unha páxina web, aínda que teña só a información de contacto.

Cales son as chaves dun bo servizo de eCommerce?

Hai varias chaves que calquera eCommerce debería cumprir. En primeiro lugar, ter un nome de dominio que lles poida axudar a posicionarse e a ter un bo servicio de hosting para que a páxina web cargue rápidamente. Despois, hai varios temas que son moi importantes e que deben traballarse continuamente, como o SEO, porque ¿de que sirve ter unha boa páxina web se non recibe visitas? A atención ao cliente é primordial porque calquera persoa que entre na páxina debe poder contactar facilmente connosco para recibir axuda. Para min, estas serían as tres claves máis importantes que calquera eCommerce debería cumprir.

Falando de presenza na rede, moita xente pensa que un perfil en redes sociais é suficiente. Estades de acordo?

Esta é unha pregunta moi típica, e a resposta é non. Os perfiles das redes sociais deben ser un complemento da páxina web, non un substituto. O máis importante dunha páxina é que ti tes o control sobre ela e os seus contidos. É unha extensión do teu negocio. Nun perfil social, aínda que parece que temos control, non é así, xa que dependemos das políticas dunha terceira empresa.

Que podemos facer para atraer as xeracións máis novas ao mundo dos dominios?

Cada día hai máis xóvenes emprendedores, os cales de forma natural se van adentrando no mundo online e adquiren coñecementos sobre todo o que se necesita para ter unha páxina web.

Como está evolucionando o mercado despois da chegada da pandemia? Hai unha maior necesidade de ter presenza na rede?

A necesidade en si non se modificou, o que vai cambiando é o público en xeral. Coñeceu as vantaxes que pode ter para un negocio dispoñer de presencia na rede, xa que é unha forma de estar visible as 24 horas do día.

Levades anos no sector. Cales son os vosos puntos fortes e que aportades aos vosos clientes despois de todo ese tempo?

Este ano é o noso 15 aniversario! E dende o primeiro día, traballamos cuns valores que mantivemos durante todo ese tempo. Desde que comezamos co primeiro cliente ata que chegamos aos máis de 180.000 actuais.
Nosos valores nos acompañaron todos estes anos. O cliente é a nosa prioridade. Ofrecemos un servizo de atención rápido, personalizado e profesional grazas a un equipo de atención ao cliente formado internamente e prezos sen enganos. No mundo dos dominios podes encontrar moitas ofertas “trampa”. Pola nosa parte, queremos que todo quede claro dende o principio e facilidade de uso. Toda a plataforma de DonDominio está desenvolta de forma interna, o que nos permitiu evolucionar e mellorar os servizos a medida que as necesidades dos clientes ían evolucionando.

Noso obxectivo é facilitar ás persoas a creación dun proxecto dixital, acompañándoos desde a elección do seu dominio ata a publicación e mantemento da súa web.

Que tendencias ves para o ano entrante? Máis servizos na nube, realidade inmersiva…?

En canto a tendencias do mundo dixital, penso que seguirá tomando máis importancia a privacidade dos usuarios. Será importante estar ao tanto das novidades en canto a temas coma as cookies, para adaptar as páxinas webs. Os servizos na nube seguirán tendo cada vez máis cota de mercado debido a gran fiabilidade que ofrecen para calquera tipo de plataforma online. Veremos como se termina de desenvolver todo o tema do metaverso, a realidade virtual, e os beneficios que pode aportar ao mundo online.

Compartir

Compartir