Barcelona, 8 de junio de 2023 | Representantes dos dominios lingüísticos, culturais e territorias ibéricos mantiveron unha reunión ao longo do día para poñer en común os seus plans de futuro, accións comerciais para este ano e previsións de evolución do mercado e da rede.
Os catro dominios participantes son ao mesmo tempo membros do grupo dos GeoTLDs, que congregan os dominios de raiz xeográfica, lingüística e cultural, e entre os que se atopan .scot (Escocia), .london (Londres) ou .bzh (Bretaña) entre outros e no que se levan a cabo acción común de comunicación co público ou cos órganos de gobernanza da rede, como ICANN.
Por parte dos rexistradores, as empresas autorizadas para a venda de dominios ao público, estiveron presentes os máis relevantes do mercado, ata un total de trinta asistentes.
Previsións de futuro
A xornada abriuse cunha conversa entre Josep Maria Ganyet e Marc Argemí, moderada por Albert Cuesta, na que se analizou o impacto da intelixencia artificial na navegación na rede e a súa influencia no mercado dos dominios, así como a súa relevancia para a seguridade e a identidade en internet.
Josep María Ganyet e enxeñeiro informático, empresario e profesor universitario. Acaba de publicar La democràcia mor al núvol, que alerta sobre os perigos da espionaxe e a amenaza que representa para as liberdades individuais.
Marc Argemí doctorouse en xornalismo cunha tese sobre a credibilidade dos rumores e as noticias e na actualidade dirixe a sua propia axencia de comunicación, Sibilare.
Albert Cuesta é xornalista especializado en electrónica de consumo e tecnoloxías da información e a comunicación. Ademáis das súa colaboracións con diversos medios de comunicación, tamén exerce como profesor universitario e recibiu diversos recoñocementos pola súa labor de divulgación.
Prioridades de los dominios
Na segunda parte da sesión cada un dos dominios expuso a situación actual na que se atopa así como os planes para o resto deste ano e o 2024.
Cuestións como a irrupción da intelixencia artificial, os cambios na lexislación europea e a protección dos datos de usuarios foron algunhas das que ocuparon as discusións. Tamén se trataron cuestións como a ciberseguridade, o traballo dos dominios para conseguir unha rede máis segura ou as novas posibilidades de certificación de identidad online.
No aspecto más inmediato, comentouse a posibilidade de por en marcha algunha acción conxunta, comercial ou de marca.
A reunión finalizóu tras un almorzo de traballo coa intención de retomar as tareas comúns en próximas ocasións.
Sobre PuntoGal
PuntoGal é a entidade xestora do dominio galego desde 2014. Constituida en 2006, desenvolve o seutraballo en tres ámbitos principales: xestión de dominios, representación de Galicia nos organismos de xestión da rede a nivel internacional e accións corporativas de apoio a iniciativas no ámbito da tecnoloxía, a rede, a lingua e a cultura. A día de hoxe hai arredor de 6.900 dominios .gal rexistrados.
Sobre PUNTUEUS
PUNTUEUS é a entidade responsable da xestión, control e administración do dominio .EUS. En maio de 2012, PUNTUEUS presentou a solicitud de dominio .EUS ante ICANN e foi a fundación, en decembro de 2013, quen asinou o contrato co órgano que xestiona Internet.
La misión de PUNTUEUS es incidir desde el euskera en la transformación digital de la sociedad, promoviendo la difusión del dominio .EUS y poniendo en marcha proyectos avanzados de transformación digital. En este momento hay más de 14.000 dominios .EUS registrados.
Sobre PuntCat
A Fundació .cat é unha entidade privada sen ánimo de lucro nin filiación política xestora do dominio .cat. Ten por obxectivos promover actividades referentes á xestión e promoción do dominio .cat, impulsar a identidade catalana e a normalización do uso do catalán no ámbito de Internet e as TIC. O dominio .cat naceu no 2006 e foi o primeiro dominio asociado a unha comunidade lingüística e cultural.
Sobre .Barcelona
O .barcelona é o dominio de Internet que permite presentarte ao mundo indicando a túa relación con Barcelona. O Concello de Barcelona obtuvo o dominio .barcelona en 2015 para dotar dun identificador na rede a todos os que queiran ter unha presenza online asociada ao nome e os valores da cidade.
Máis información:
PuntoGal: Luis Antelo luis.antelo@dominio.gal +34623030592
PuntuEus: Lorea Arakistain lorea@puntu.eus +34 94308 051 (210)
PuntCat: Beatriz Guzmán bguzman@fundacio.cat +34936750354
PuntoBarcelona: Beatriz Guzmán bguzman@fundacio.cat +34936750354