M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

23/12/21
Bubela, pastas e cervexas artesás

Bubela.gal é unha empresa de Lugo que elabora pastas e cervexas artesás con produtos do país. Fixémoslles esta pequena estrevista para que os coñecerades mellor.

1.Quen sodes e que facedes? 

Somos unha pequena empresa que elaboramos pastas alimentarias e cervexas artesanais e ecolóxicas en Lugo

2. Podédesnos facer un pequeno resumo da vosa historia desde que naceu a empresa

O proxecto naceu hai 7 anos, froito do noso interese polo consumo local, a alimentación saudable e a recuperación dos saberes tradicionais e artesanais. Con ánimo de innovar e ofrecer produtos apetitosos, a un prezo xusto, e en circuítos de venda de proximidade como tendas ecolóxicas, hostalería ou restauración, primando sempre a venda local.

3. Cales son os vosos plans de futuro? Cara onde queredes ir?

Estamos a traballar en varias liñas:

-Facer noso traballo e produtos o máis sostibles e ecolóxicos posibles, continuando coa produción 100% ecolóxica, reducindo o consumo de enerxía, seguir apostando por cooperativas de consumo enerxético como Nosa Enerxía, seguir promovendo a venda de graneis, e procurar envases sostibles.

-Acadar as materias primas o máis locais posibles, para así potenciar a economía local, prezos xustos para todos, e minimizar os impactos negativos do transporte.

-Fortalecer as vendas en tendas de proximidade, grupos de consumo e venda directa ao consumidor final


4. Cal é a vosa web? Por que elixistes Bubela? E por que preferides o dominio .gal?

A web é bubela.gal

O nome é o da empresa, elixímolo porque encántanos esa ave. A Bubela, aparte de moi bonita, é una ave migratoria que adoita  pasar os invernos en África e os veráns en Europa, e isto tamén resume parte da nosa filosofía de “fusión artesanal” , e dicir, bebemos dos procesos artesanais desenvolvidos durante séculos en outros lugares do mundo e tentamos adaptalos a nosa realidade cultural. Así temos pasta galega, onde por exemplo empregamos nalgunhas elaboracións, fariñas de centeo, castaña ou algas. Ou cervexas de estilos ingleses, belgas ou escoceses nos que empregamos, segundo o estilo, trigo do país, cáscara de laranxa amarga galega ou licor café, a modo de exemplo.

O dominio .gal para nós é a elección natural, ningún outro dominio podería axudar mellor a definirnos


5.Que pensades que vos ofrece o dominio .gal? 

Comunidade, axuda a identificar o ámbito xeográfico e cultural que explica o que somos, onde elaboramos e onde queremos desenvolver a maior parte da nosa actividade.

Compartir

Compartir