Logotipo PuntoGal
Logotipo PuntoGal
M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociaciones

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociacións

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

09/08/22
Aífalaches.gal, unha marca que fala galego

A todos os falantes de galego nos gusta levalo á vista : no coche, na roupa, na totebag, etc. Aífafalches.gal facilítacho cos seus produtos, que veñen 100% de Galicia. Camisetas, tazas, felpudos, adhesivos… ideas para agasallar en ocasións sinaladas ou para nos dar un antollo.

Pregunta: Por que usades aifalaches.gal para a vosa web?
Resposta: Polo proxecto en si. De feito, na nosa marca, o .gal forma parte do nome rexistrado da marca, como os antigos .com. O fixen así dende o inicio para remarcar o feito de que nos comunicamos en galego.

P: De onde xurdiu a idea do voso negocio?
R: De mostrar o galego como unha cultura completamente igual a calquera outra. É dicir, mesturala coas traducións a outras culturas para que os que queiran podan compartir a súa lingua co resto do mundo. Tamén serve para que os que creen que é unha lingua ou cultura menor, vexan que estas ideas están só na súa cabeza.

P: Cales son os vosos plans de futuro? Cara onde queredes ir?
R: Queremos seguir facendo produtos onde a lingua sexa a parte principal da mensaxe e do deseño para que chegue a máis espazos. Así, a forza de ir tendo presenza en máis sitios, apoiamos á súa normalización.

P: Onde traballades principalmente? Cales son os vosos proxectos?
R: Agora mesmo traballo dende Vigo. O proxecto xurdiu en Pontevedra, xa que a marca Reizentolo incorporou o meu proxecto dentro da súa operativa e eu traballo nas súas instalacións.

P: Que pensades que vos ofrece o dominio .gal?
R: Primeiro, é visibilidade da nosa cultura como unha máis. Axuda á normalización. E segundo, ás empresas que nos adicamos a traballar marcadamente para o publico galego, axúdanos a remarcar a nosa aposta pola cultura, pola lingua e polo noso.

P: Se hai algo máis que queirades comentar aos nosos lectores, este é o lugar.
R: O que repetimos sempre é que non queremos facer que ninguén que non queira falar galego o fale, pero o que si pretendemos é que se ti tes unha cultura propia, non te avergoñes diso, que a cultura é riqueza sempre.

Compartir

Compartir