PuntoGal propón guías para usar o galego na rede
PuntoGal quere poñer a disposición de toda a comunidade galega na rede unha serie de guías básicas para posibilitar o uso do galego na rede, tanto no ordenador coma no teléfono móbil, e nas solucións ofimáticas máis utilizadas. Estas guías, pensadas como manuais gráficos moi sintéticos, pódense consultan en dominio.gal/guias
PuntoGal publica periodicamente nesta sección guías sinxelas sobre como configurar ou instalar ferramentas que se poden usar en galego. Se queres que incorporemos algunha en concreto, non dubides en poñerte en contacto con nós en info@dominio.gal. Tamén incluiremos aquí información sobre outros recursos na rede de interese no noso idioma.