Logotipo PuntoGal
Logotipo PuntoGal
M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociaciones

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociacións

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

03/07/26
PuntoGal lanza unha promoción para facilitar a presenza dixital das cooperativas galegas

A través de coop.dominio.gal, as cooperativas poden rexistrar un dominio .gal por 10 euros máis IVE durante dous anos e acceder a recursos pensados para reforzar a súa presenza na rede.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2026 · As cooperativas galegas contan cun novo espazo creado por PuntoGal para apoiar a súa transformación dixital. A través de coop.dominio.gal,se pode acceder ao dominio .gal en condicións especiais, ao tempo que reúne información e ferramentas de utilidade para as entidades cooperativas.

O lanzamento de coop.dominio.gal coincide co 4 de xullo, Día Internacional das Cooperativas, unha data promovida polas Nacións Unidas para recoñecer a contribución do cooperativismo ao desenvolvemento económico e social, á creación de emprego de calidade e á construción de comunidades máis sostibles e inclusivas. Deste xeito PuntoGal quérese sumar ao recoñecemento do papel fundamental que desempeñan as cooperativas en Galicia, ofrecéndolles unha ferramenta que contribúa a fortalecer a súa presenza dixital e a visibilizar o seu compromiso co territorio e coa comunidade.

Como mostra deste compromiso, PuntoGal ofrece a posibilidade de rexistrar un dominio .gal por só 10 euros máis IVE durante dous anos, unha iniciativa que busca facilitar que máis entidades conten cunha identidade dixital propia, recoñecible e vinculada a Galicia.

Ademais da promoción, coop.dominio.gal recolle recursos e información de interese para o sector, converténdose nun punto de encontro onde as cooperativas poden atopar ferramentas útiles para fortalecer a súa presenza dixital e coñecer outras iniciativas impulsadas por PuntoGal.

As cooperativas interesadas só teñen que cubrir o formulario dispoñible na web e achegar a documentación acreditativa correspondente. Unha vez recibida a solicitude, o equipo de PuntoGal porase en contacto coa entidade para completar o proceso de rexistro.

Con esta campaña, PuntoGal continúa desenvolvendo iniciativas dirixidas a colectivos estratéxicos para Galicia, facilitando que organizacións comprometidas co país conten cunha presenza na internet acorde cos valores que representan. Porque un dominio .gal non é só un enderezo web: é unha forma de expresar a identidade, a proximidade e o compromiso coa comunidade galega.

Compartir

Compartir