Hoxe traemos unha guía un pouco máis técnica, especialmente pensada para os que mantedes unha web. E posible que se use poucas veces, pero nesas ocasións aforra moito tempo e moitas dores de cabeza: falamos dunha redirección 301, que permite cambiar de dominio e deixa que conservemos toda a estrutura de enlaces. Vamos, que é o que precisades se deixades de lado o voso dominio vello para lanzar un novo dominio .gal, seguramente máis interesante e memorable.
Está pensado para servidores Apache, que son os que se manteñen funcionando a meirande parte da internet tal é como a usamos, e permite que redirixamos o tráfico desde:
meuvellodominiomoilongoecompli
a
superdominio.gal
Esto é o que temos que insertar no ficheiro .htaccess:
Redirect 301 /http://superdominio.gal/
E xa quedaría funcionando.
É interesante saber que esta redirección a interpreta google e outros buscadores de xeito correcto, sen que perdamos posicións no SEO e mantendo a información e posición nas páxinas de resultados.
Tamén está ben saber que esta redirección admite parámetros para que a apliquemos a un so directorio ou para informar de que a redirección e temporal, dependendo do que precisemos. Se queres coñecer máis posibilidades, podes botar un ollo ao que contan os nosos amigos de Raiola Network no seu blog: https://raiolanetworks.es/
Así que xa non hai excusa: So temos que usar esta ferramenta para nos cambiar a un novo dominio .gal.