M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

18/01/23
Usar unha redirección 301 para cambiar o dominio

Hoxe traemos unha guía un pouco máis técnica, especialmente pensada para os que mantedes unha web. E posible que se use poucas veces, pero nesas ocasións aforra moito tempo e moitas dores de cabeza: falamos dunha redirección 301, que permite cambiar de dominio e deixa que conservemos toda a estrutura de enlaces. Vamos, que é o que precisades se deixades de lado o voso dominio vello para lanzar un novo dominio .gal, seguramente máis interesante e memorable.

Está pensado para servidores Apache, que son os que se manteñen funcionando a meirande parte da internet tal é como a usamos, e permite que redirixamos o tráfico desde:

meuvellodominiomoilongoecomplicado.es

a

superdominio.gal

Esto é o que temos que insertar no ficheiro .htaccess:

Redirect 301 /http://superdominio.gal/

E xa quedaría funcionando.

É interesante saber que esta redirección a interpreta google e outros buscadores de xeito correcto, sen que perdamos posicións no SEO e mantendo a información e posición nas páxinas de resultados.

Tamén está ben saber que esta redirección admite parámetros para que a apliquemos a un so directorio ou para informar de que a redirección e temporal, dependendo do que precisemos. Se queres coñecer máis posibilidades, podes botar un ollo ao que contan os nosos amigos de Raiola Network no seu blog: https://raiolanetworks.es/blog/como-hacer-una-redireccion-301-desde-el-htaccess/#redireccion_301_de_una_url_a_un_dominio_nuevo

Así que xa non hai excusa: So temos que usar esta ferramenta para nos cambiar a un novo dominio .gal.

Compartir

Compartir