Logotipo PuntoGal
Logotipo PuntoGal
M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociaciones

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociacións

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

28/05/26
Rinodicionarios, o multidicionario galego no teu móbil

Rinoceronte Editora e TICGAL impulsan unha iniciativa pola normalización da lingua galego en espazos dixitais a través dunha aplicación de balde e libre de anuncios, o Rinodicionarios.

A aplicación móbil Rinodicionarios é un recurso lingüístico en liña moi completo que fai máis accesíbel o coñecemento da lingua a través dunha enorme base de datos con máis de 27.000 entradas, 17.000 locucións e 2.500 topónimos.

Para acceder a esta só tedes que buscar Rinodicionarios na vosa App Store ou Google Play e descargala nos vosos respectivos dispositivos de forma completamente gratuíta.

A aplicación inclúe catro dicionarios nun único espazo coa posibilidade de configurar a aplicación nos idiomas integrados e, adicionalmente, en inglés. Os dicionarios dispoñibles son: o español–galego, o latín–galego, o dicionario etimolóxico e o dicionario complementario.

Para navegar entre dicionarios só hai que pulsar na casa “Dicionario:” que se atopa debaixo da barra de procura e que abrirá a lista de dicionarios integrados, facendo a navegación entre estes especialmente sinxela.

 

 

Ademais, na configuración interna da aplicación poderemos seleccionar un dos dicionarios dispoñibles como predeterminado, o cal fará moito máis doado o acceso directo a un dicionario particular segundo as necesidades do usuario.

 

 

A aplicación tamén incorpora funcións como: a “palabra do día” para ampliar o vocabulario do usuario dunha forma máis dinámica e recreativa; un sistema de favoritos que permite gardar termos concretos ou un acceso ao historial de procuras recentes que, de ser querido, poden borrarse facilmente a través da configuración.

 

 

Outro punto a favor por Rinodicionarios é que a interface está configurada de forma intuitiva, accesible e personalizable, podendo elixir entre modo escuro, modo claro ou predeterminado polo sistema na configuración.

 

 

Todo isto garantindo a privacidade dos usuarios, é dicir que a aplicación carece de calquera rastrexador de información privada que puidera perxudicar ao usuario, o cal converte a Rinodicionarios nunha ferramenta lingüística ideal para todos os públicos.

Compartir

Compartir