Rinoceronte Editora e TICGAL impulsan unha iniciativa pola normalización da lingua galego en espazos dixitais a través dunha aplicación de balde e libre de anuncios, o Rinodicionarios.
A aplicación móbil Rinodicionarios é un recurso lingüístico en liña moi completo que fai máis accesíbel o coñecemento da lingua a través dunha enorme base de datos con máis de 27.000 entradas, 17.000 locucións e 2.500 topónimos.
Para acceder a esta só tedes que buscar Rinodicionarios na vosa App Store ou Google Play e descargala nos vosos respectivos dispositivos de forma completamente gratuíta.

A aplicación inclúe catro dicionarios nun único espazo coa posibilidade de configurar a aplicación nos idiomas integrados e, adicionalmente, en inglés. Os dicionarios dispoñibles son: o español–galego, o latín–galego, o dicionario etimolóxico e o dicionario complementario.
Para navegar entre dicionarios só hai que pulsar na casa «Dicionario:» que se atopa debaixo da barra de procura e que abrirá a lista de dicionarios integrados, facendo a navegación entre estes especialmente sinxela.

Ademais, na configuración interna da aplicación poderemos seleccionar un dos dicionarios dispoñibles como predeterminado, o cal fará moito máis doado o acceso directo a un dicionario particular segundo as necesidades do usuario.

A aplicación tamén incorpora funcións como: a «palabra do día» para ampliar o vocabulario do usuario dunha forma máis dinámica e recreativa; un sistema de favoritos que permite gardar termos concretos ou un acceso ao historial de procuras recentes que, de ser querido, poden borrarse facilmente a través da configuración.

Outro punto a favor por Rinodicionarios é que a interface está configurada de forma intuitiva, accesible e personalizable, podendo elixir entre modo escuro, modo claro ou predeterminado polo sistema na configuración.

Todo isto garantindo a privacidade dos usuarios, é dicir que a aplicación carece de calquera rastrexador de información privada que puidera perxudicar ao usuario, o cal converte a Rinodicionarios nunha ferramenta lingüística ideal para todos os públicos.


