M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

13/09/23
PuntoGal reúnese en Colonia cos principais dominios xeográficos do grupo dos GeoTlds

A Coruña, 13 de setembro | PuntoGal reuniuse esta semana en Colonia cos principais dominios xeográficos que identifican a unha cidade, unha rexión, unha lingua e unha cultura, e que forman parte dos GeoTLD Group.

A reunión que tivo lugar os días 11 e 12 de setembro foi organizada por ECO.de, unha asociación de Alemaña que representa diferentes organizacións e empresas, e contou coa participación de membros de dominios como o .gal, .bzh, .paris, .amsterdam, .nl, .eus,.wien, .hamburg, .berlin, .denic, .fsl, . alsace, entre outros así como algún rexistrador. Entre os presentes tamén se atopaba Christopher Mondini, represetante da ICANN en Europa, organismo internacional que regula a Internet.

A benvida da reunión foi a cargo do presidente do grupo e membro da área corporativa da Fundaciò.cat, Nacho Amadoz, e durante os dous días os membros participantes puideron compartir as súas experiencias e proxectos, e poñer en común as accións conxuntas.

Pola parte de PuntoGal acudiu o director de márketing, Luis Antelo, que falou das acción levadas a cabo polo dominio durante este ano, algunha delas contando coa colaboración dos outros dominios ibéricos o .eus e o .cat. Destacou entre os proxectos desenvolvidos este ano, o observatorio da rede galega, Miradoiro.gal, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

Compartir

Compartir