Logotipo PuntoGal
Logotipo PuntoGal
M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociaciones

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociacións

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

27/02/26
PuntoGal promove a Aceptación Universal en internet cun novo proxecto divulgativo e coa activación dun grupo de traballo con entidades e profesionais do ámbito TIC

Santiago de Compostela, 27 de febreiro. PuntoGal celebrou onte no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela unha reunión de traballo que supón a posta en marcha dun proxecto de divulgación en Galicia dos principios da Aceptación Universal (UA), iniciativa internacional promovida pola ICANN que busca garantir que internet sexa accesible en todas as linguas e alfabetos.

O encontro, organizado en colaboración coa propia ICANN, coa asociación internacional de dominios culturais e xeográficos (GeoTLD Group), e co Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, reuniu representantes do ámbito tecnolóxico e institucional para analizar os retos e oportunidades da implantación da Aceptación Universal. Na reunión estiveron representantes do Consello da Avogacía de Galicia, das tres universidades públicas galegas (Santiago, Vigo e A Coruña), do Clúster TIC de Galiciua, do Clúster do Ecommerce de Galicia, do Clúster da Comunicaión de Galicia, da Asociación Galega de Software Libre, das WordCamp de Galicia, de Videoxogo.gal, de empresas de divulgación de videoxogos, de marketing online e SEO, de Código Cero, do propio Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, así como representantes de ICANN. 

A xornada comezou ás 11:30 horas coa benvida de Lino Lema, membro do Padroado do Museo do Pobo Galego, e de Camilo Regueiro, vicepresidente de PuntoGal, quen destacou que, cando se fala de Aceptación Universal, “non se fala tanto de códigos e caracteres coma do xeito de incorporar a diversidade lingüística e cultural na Internet”.

A continuación presentouse a axenda do proxecto e o secretario do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, Javier F. Fraga, ofreceu unha exposición sobre os conceptos básicos da UA e a súa importancia para garantir a interoperabilidade dos sistemas e a correcta adaptación de software, aplicacións e servizos dixitais aos estándares internacionais, destacando as directrices e estándares tecnolóxicos que se deberían seguir para chegar a Aceptación Universal en Internet e así poder empregar calquera idioma ou localización.

Na súa presentación, Fraga destacou que “a ausencia de UA significa que os correos electrónicos en galego non funcionen correctamente en certas webs e aplicacións. O obxectivo é que se teñan en conta estes principios en desenvolvemento de software ou de creación de contidos. Se temos en conta a UA desde o principio podemos facer todo máis sinxelo.”

Durante a rolda de intervencións, as entidades participantes puxeron en común experiencias e necesidades co obxectivo de identificar ferramentas que faciliten a adopción dos principios da Aceptación Universal. As achegas recollidas nesta sesión servirán para enriquecer os materiais divulgativos e técnicos que PuntoGal está a preparar para apoiar administradores de sistemas e desenvolvedores na implementación destes estándares. 

A Aceptación Universal é unha iniciativa promovida pola ICANN para asegurar que todos os nomes de dominio e enderezos de correo electrónico, independentemente da lingua ou do alfabeto empregado, funcionen correctamente en calquera sistema ou aplicación. A súa correcta integración desde as fases iniciais de desenvolvemento evita custos engadidos e facilita a internacionalización de produtos e servizos dixitais.

Este é o terceiro ano consecutivo que PuntoGal impulsa unha acción vinculada á Aceptación Universal, tras encontros previos celebrados en Vigo e A Coruña, consolidando así o seu compromiso cunha internet máis inclusiva e plenamente multilingüe.

Sobre PuntoGal
PuntoGal é a entidade xestora do domino galego desde 2014. Constituída en 2006, desenvolve o seu traballo en tres ámbitos principais: xestión de dominios, representación de Galicia nos organismos de xestión da rede a nivel internacional e accións corporativas de apoio a iniciativas no ámbito da tecnoloxía, a rede, a lingua e a cultura. A día de hoxe hai en torno a 7.600 dominios .gal rexistrados.

Sobre ICANN
A Corporación de Internet para a Asignación de Nomes e Números (ICANN) é unha organización sen ánimo de lucro formada en 1998 para garantir unha Internet global estable, segura e unificada. Xestiona o Sistema de Nomes de Dominio (DNS) de Internet, os servidores raíz e asigna enderezos IP, actuando como o administrador técnico da infraestrutura subxacente de Internet.

Sobre o Geotld Group
O Grupo GeoTLDs é unha iniciativa que reúne dominios de nivel superior xeográficos e culturais na Internet. O seu obxectivo é fomentar a identidade dixital local, promover a economía dixital e ofrecer unha presenza en liña distintiva para comunidades. Traballa en colaboración con ICANN e outras organizacións relevantes para garantir unha xestión segura, estable e eficaz destes dominios, fortalecendo a visibilidade global das rexións e cidades que representan.

Compartir

Compartir