Logotipo PuntoGal
Logotipo PuntoGal
M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociaciones

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociacións

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

13/01/26
PuntoGal presenta unha caixa de ferramentas de ciberseguridade para a cidadanía 

A Coruña, 13 de xaneiro de 2026 I  PuntoGal, en colaboración coa Global Cyber Alliance e CIBER.gal, abre hoxe un espazo web con ferramentas de ciberseguridade para a cidadanía en xeral. A localización ao galego desta caixa súmase ás dirixidas ás PeMEs, a profesionais da comunicación e a ONGs. A páxina, que pode consultarse en https://i.gal/ElkWZ, inclúe software que permite protexerse fronte a ataques de malware e phishing, entre outras funcións.

Dentro do portal da caixa de ferramentas pódense atopar aplicacións gratuítas que permiten a actualización automática dos dispositivos e aplicacións, a realización de copias de seguridade para manter protexidos os teus datos, e a garantía de seguridade nas comunicacións privadas. Tamén hai software antivirus e bloqueadores de anuncios para previr o acceso a sitios web e actividades maliciosas. Ademais do emprego de Seguridade DNS (Domain Name System) para evitar sitios web infectados. 

Esta iniciativa encádrase dentro do esforzo do dominio por constituírse coma un espazo seguro para todos os seus usuarios. Co mesmo cometido figura a protección a través da plataforma Domain Trust, un proxecto promovido pola GCA consistente no intercambio de datos, a construcción de comunidades e o acordo mutuo para reducir o impacto dos dominios malintencionados. Grazas á abordaxe do problema en conxunto por parte da comunidade que engloba diversos países e sectores, logrou unha confianza dentro do ecosistema de nomes de dominios que combaten o abuso destes.

Sumado ao anterior, PuntoGal fíxose partícipe noutros convenios coma o efectuado coa Nonprofit Cyber, a coalición internacional de organizacións sen ánimo de lucro para mellorar a ciberseguridade, o convenio con Women4Cyber, coa intención de traballar na perspectiva de xénero no ámbito da ciberseguridade, ou a campaña realizada en colaboración con CIBER.gal para concienciar sobre a importancia da directiva europea NIS2, que conta cun decálogo que se pode consultar cando se desexe.

Sobre PuntoGal

PuntoGal é a entidade xestora do dominio galego desde 2014. Constituída en 2006, desenvolve o seu traballo en tres ámbitos principais: xestión de dominios, representación de Galicia nos organismos de xestión da rede a nivel internacional e accións corporativas de apoio a iniciativas no ámbito da tecnoloxía, a rede, a lingua e a cultura. A día de hoxe hai en torno a 7.600 dominios .gal rexistrados. Para máis información: dominio.gal.

Sobre a Global Cyber Alliance

A Global Cyber Alliance é unha iniciativa internacional e intersectorial dedicada á misión de reducir o risco cibernético e mellorar o mundo interconectado no que vivimos. Para iso, une comunidades de todo o mundo baixo a súa misión, implementan solucións concretas e miden os resultados. A GCA, constituída como unha empresa 501 (c) (3) nos Estados Unidos e como unha organización sen ánimo de lucro no Reino Unido e Bélxica, foi fundada en setembro de 2015 pola Oficina do Fiscal de Distrito de Manhattan, pola policía da cidade de Londres e o Centro de Seguridade en Internet. Para máis información: globalcyberalliance.org.

Sobre CIBER.gal

O Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal é un espazo de colaboración público-privado constituído pola Amtega, o CCN, o INCIBE, as catro Deputacións Provinciais de Galicia e a FEGAMP. CIBER.gal traballa con preto de 50 entidades públicas e privadas para deseñar e executar iniciativas para a cidadanía, o tecido empresarial e a administración pública. O seu fin é mellorar a ciberseguridade, sensibilizar, capacitar e promocionar a industria galega neste eido. Para máis información: ciber.gal

Compartir

Compartir