Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2025. O dominio .gal volve amosar o seu compromiso coa seguridade dixital patrocinando o Encontro CIBER.gal 2025, que se celebra os días 5, 6 e 7 de novembro en Santiago de Compostela. O evento, organizado polo Nodo Galego de Ciberseguridade, no que participan institucións públicas, empresas tecnolóxicas e entidades de referencia, é o principal foro galego sobre seguridade na rede e transformación dixital segura.
Puntogal, xestora do dominio galego de internet, participa un ano máis como patrocinadora desta iniciativa que busca achegar a cultura da ciberseguridade á cidadanía, ás administracións e ao tecido empresarial. A través deste apoio, Puntogal reafirma o seu papel como axente activo na promoción dun internet galego máis seguro e confiable.
Ademais do patrocinio do CIBER.gal, Puntogal leva a cabo diversas accións en materia de seguridade dixital. Como a publicación dunhs guía sobre a directiva europea NIS2, que se pode consultar nesta ligazón, ou encontros sobre este mesmo tema.
Con estas iniciativas, Puntogal contribúe a fortalecer o ecosistema dixital galego e a consolidar o dominio .gal como un espazo de confianza, identidade e seguridade na internet.
Máis información e inscricións en ciber.gal


