Logotipo PuntoGal
Logotipo PuntoGal
M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociaciones

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociacións

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

11/11/24
PuntoGal participa no congreso anual da ICANN en Estambul

A seguridade na rede ou a repercusión dos abusos de DNS nos dereitos humanos, entre os temas centrais da reunión

Estambul, 11 de novembro de 2024 | Desde este sábado 9 de novembro ata o próximo xoves 14, a ICANN celebra a 81ª Reunión Xeral Anual en Estambul, Turquía, centrada no futuro da gobernanza global de Internet. A entidade anfitriona do evento será a Autoridade de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ICTA) de Turquía.

O evento congregará a comunidade global para debatir cuestións importantes que determinarán o futuro de Internet, como a seguridade na rede ou a repercusión dos abusos de DNS nos dereitos humanos, entre outros. A asistencia á reunión está conformada por participantes presenciais e virtuais, e contará con obradoiros, foros públicos e debates sobre políticas.

Sally Costerton, Presidenta e Directora Executiva Interina da ICANN, remarcou a importancia do evento debido á pronta posta en marcha da próxima ronda do Programa de Novos Dominios Xenéricos de Alto Nivel (gTLDs). Esta proposta sitúase no marco de iniciativas da ICANN para promover a innovación e a diversidade.

PuntoGal asiste como membro da comunidade internacional da ICANN e en representación do dominio galego de internet. A entidade participará en distintas sesións e reunirase con rexistradores e outros dominios cos que se manteñen relacións de colaboración. Dende PuntoGal acuden membros do equipo de traballo e da súa xunta directiva.

A reunión ICANN81 tamén se presenta coma unha oportunidade para descubrir o modelo de múltiples partes interesadas da ICANN, con miras á preparación da revisión do Cume Mundial sobre a Sociedade da Información (CSMI+20), que se producirá no 2025. Este modelo garantiza a participación dos gobernos, o sector privado, a sociedade civil e a comunidade técnica na definición do futuro de Internet.

Sobre PuntoGal
PuntoGal, a entidade xestora do dominio galego desde 2014, desenvolve o seu traballo en tres ámbitos principais: xestión de dominios, representación de Galicia nos organismos de xestión da rede a nivel internacional e accións corporativas de apoio a iniciativas no ámbito da tecnoloxía, a rede, a lingua e a cultura. A día de hoxe conta con máis de 7.200 dominios rexistrados. Máis información en dominio.gal

Sobre ICANN
A ICANN, acrónimo de Internet Corporation for Assigned Names and Numbers, é unha organización sen ánimo de lucro de orixe estadounidense que opera internacionalmente. Encárgase da xestión da administración de Internet, concede dominios e enderezos IP a nivel mundial, e dedícase a preservar a estabilidade de Internet por medio de procesos baseados no consenso.

Compartir

Compartir