Logotipo PuntoGal
Logotipo PuntoGal
M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociaciones

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociacións

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

10/03/21
PuntoGal, parte dos GeoTLD

A medida que a rede se vai convertindo nun espello do mundo, imos sentindo a necesidade de ter un espazo virtual que corresponde co noso territorio xeográfico, cultural, lingüístico ou económico. No noso caso, Galicia. Pero non somos os únicos.

Pode ser a nosa cidade, unha comarca ou parte de un país que fala unha lingua distinta ao resto, ou unha rexión, sen ter en conta as diferentes configuracións nacionais que conviven no mundo.

Pois como cada vez somos máis e hai moitas cousas que temos en común, é bo asociarse para buscar eses mesmos obxectivos.

Por unha parte, crear unha comunidade de significado que pode ir máis alá do político ou o administrativo. Para cada un de nós, Galicia, Londres ou Sydney son cousas diferentes: o lugar no que nacimos e vivimos, un sitio ao que emigramos para traballar, para estudar, que visitamos nas nosas vacacións ou polo que soñamos que poderemos pasear algún día. Todos caben nos dominios .gal, .london ou .sydney.

Ademáis, para as entidades dese lugar supón unha oportunidade de situarse na rede. Porque os nomes claros, breves e memorables axudan. É máis doado recordar theatre.nyc que a dirección da axencia que vende as entradas para ver ‘Hamilton’.

Por iso, en PuntoGal formamos parte dese grupo, que busca seguir traballando coa ICANN para conseguir máis vantaxes para os dominios da rede que axudan a identificarmos as webs vinculadas a lugares cunha cultura, unha historia e unha lingua propia. Podedes ver quen somos en geotld.group, e por iso vos traemos este novo vídeo co que nos queremos presentar.

Compartir

Compartir