Logotipo PuntoGal
Logotipo PuntoGal
M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociaciones

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociacións

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

06/10/25
PuntoGal ofrece un servizo específico e prezos reducidos para asociacións sen fins de lucro

A Coruña, 6 de outubro de 2025 · PuntoGal ofrece ás asociacións e entidades sen ánimo de lucro un prezo especial para mercar o dominio, ademais doutros servizos que se poden consultar na páxina asociacions.dominio.gal.

Este servizo está pensado para facilitarlles ás asociacións sen fins de lucro galegas acceso a un dominio propio baixo a extensión .gal. O obxectivo é reforzar a súa presenza en internet, mellorar a visibilidade e contribuír á promoción da lingua e da cultura galegas no ámbito dixital. As entidades que cumpran os requisitos poderán dispoñer do dominio a tan só 10 euros.

Nesta páxina, o tecido asociativo galego pode atopar outros recursos moi útiles, como importantes rebaixas para optar a outros servizos de entidades colaboradoras. Igualmente, a web incorpora unha sección de recursos e guías, entre os que figura unha caixa de ferramentas en ciberseguridade para ONG.

O director de márketing do dominio, Luis Antelo, sinalou que “entre as vantaxes do dominio PuntoGal para as asociacións, cómpre salientar en primeiro lugar os custos reducidos, pero tamén é importante a credibilidade e confianza que proporciona a imaxe institucional de PuntoGal, a mellora na visibilidade e posicionamento e a participación nunha comunidade que busca o aumento da presenza galega la rede”. 

Sobre PuntoGal
PuntoGal é a entidade xestora do dominio galego desde 2014. Constituída en 2006, desenvolve o seu traballo en tres ámbitos principais: xestión de dominios, representación de Galicia nos organismos de xestión da rede a nivel internacional e accións corporativas de apoio a iniciativas no ámbito da tecnoloxía, a rede, a lingua e a cultura. A día de hoxe hai en torno a 7.400 dominios .gal rexistrados. Para máis información: dominio.gal.

Compartir

Compartir