Logotipo PuntoGal
Logotipo PuntoGal
M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociaciones

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociacións

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

23/07/25
PuntoGal e Raiola Networks lanzan omeu.gal, un servizo de correo en galego e gratuíto

23 de xullo de 2025 I  PuntoGal e Raiola Networks presentan hoxe o seu sistema de correo electrónico, omeu.gal, que permitirá a calquera persoa dispoñer dun enderezo personalizado cun dominio .gal, de balde, desenvolvido en software libre e con altas capacidades.

Este é o primeiro sistema de correo de balde cun dominio .gal, aloxado nos servidores de Raiola, e baseado nunha interface de fonte aberta en continua revisión e mellora. A posta en marcha é moi sinxela e só precisa dun correo alternativo para recuperar o contrasinal en caso de esquecelo e os datos básicos do usuario para empezar a funcionar.

Omeu.gal está totalmente en galego, incluído o sistema de axuda. A única condición para aproveitar os 3 GB de espazo que ofrece é usalo con certa periodicidade, polo menos unha vez cada tres meses.

O correo pode empregarse desde calquera explorador e conta con versións para dispositivos IOS e Android, sempre con acceso seguro SSL.

Este lanzamento, co gallo do día de Galicia, é a primeira colaboración entre PuntoGal e Raiola, que se completará nos vindeiros meses cunha versión premium do servizo, de pagamento, e con características extra como a vinculación cun dominio propio ou capacidade ampliada a 10 GB. Ambas entidades estudan, igualmente, o lanzamento doutros produtos e servizos vinculados nunha colaboración a longo prazo.

O director xeral de PuntoGal, Darío Janeiro, sinalou que este servizo é unha “vella e recorrente demanda dos clientes de PuntoGal, e forma parte do compromiso do dominio coa sociedade galega e o seu idioma”.

Janeiro, quen agradeceu a colaboración de Raiola neste proxecto, salientou as capacidades do servizo de correo e púxoo como exemplo de caso de éxito das alianzas entre entidades galegas no ámbito das TIC. “Omeu.gal é, ademais, o punto de partida para novos desenvolvementos e proxectos neste ámbito, sempre no marco do programa corporativo do dominio de desenvolver e apoiar iniciativas no ámbito das TIC, a cultura e a lingua galega”, concluíu.

Pola súa parte, Álvaro Fontela, CEO de Raiola Networks, afirmou: “é un pracer poder colaborar con PuntoGal aportando a nosa experiencia acumulada ao longo destes anos; o noso obxectivo sempre foi ofrecer un servizo de calidade e adaptado aos cambios do sector e ás necesidades dos nosos clientes e poder dispoñer dun servizo de correo propio, e en galego, é algo totalmente indispensable para calquera negocio”. “Agardamos que esta alianza con PuntoGal sexa un punto de partida para futuros proxectos. Pola nosa parte, seguiremos traballando e apoiando distintas iniciativas no eido das TIC en Galicia”, engadiu.

Compartir

Compartir