Logotipo PuntoGal
Logotipo PuntoGal
M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociaciones

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociacións

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

PuntoGal celebra as festas promocionando os seus dominios

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2023.- PuntoGal quere celebrar a chegada do Apalpador cunha atractiva rebaixa no prezo dos novos dominios. Nos rexistradores sumados a esta promoción, as persoas interesadas poderán obter o seu .gal por un prezo máximo de 10 euros máis IVE. Os prezos rebaixados estarán vixentes desde o día 11 e ata o 22 de decembro.

A gráfica da campaña foi realizada por Claudia Pérez Corral, unha artista multidisciplinar que ten unha especial sensibilidade pola intervención téxtil. Podes coñecer a súa obra en instagram.com/claudiaperezcorral

Para poder aproveitar a promoción de desconto nos prezos do .gal que traen estas festas, é preciso dirixirse ás empresas rexistradoras Openprovider, Ovh.com, Dinahosting, Don Dominio, INWX,Radia, CdMon, e Arsys, que ofrecen distintas políticas de prezos e servizos con rexistro de dominios novos. PuntoGal recomenda visitar todas as páxinas das empresas participantes na promoción e atopar a que se adapte mellor ás súas necesidades. Toda a información atópase na páxina www.dominio.gal/promocions/.

PuntoGal, que ten arredor de 7.000 dominios rexistrados, segue traballando para que todas aquelas persoas, asociacións, institucións e empresas que se queiran dar a coñecer na rede como parte da comunidade galega poidan facelo cun prezo competitivo.

O dominio continúa co seu programa corporativo de apoio a iniciativas relacionadas coa lingua, a cultura e as TIC en Galicia. Entre as últimas actividades realizadas figura o patrocinio dos VIIIPremios Paraugas, entregados o 17 de novembro ás mellores estratexias de creatividade, deseño, edición, industria gráfica, márketing e comunicación, ou a entrega de premios dos VII Premios Spin-Off PuntoGal, que recoñece a transferencia de coñecemento entre a universidade e a empresa e alentar o emprendemento que xorde desde os grupos de investigación universitarios.

Máis información en www.dominio.gal ou no 670226268.

9 euros
10 euros
10 euros
10 euros
10 euros
10 euros
10 euros
10 euros