Logotipo PuntoGal
Logotipo PuntoGal
M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociaciones

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociacións

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

01/12/21
Promoción de dominios PuntoGal para celebrar o Nadal

O prezo máximo por un ano será de 10 euros + IVE

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2021.- PuntoGal quere celebrar a chegada do Apalpador cunha atractiva rebaixa no prezo dos novos dominios. Nos rexistradores sumados a esta promoción, as persoas interesadas poderán obter o seu .gal por un prezo máximo de 10 euros máis IVE. Os prezos rebaixados estarán vixentes desde o día 1 e ata o 15 de decembro.

A campaña centrada na figura do Apalpador, que como nos contan en www.apalpador.gal, é unha figura tenra e merecente de esforzo para recuperala. Como ben contan eles, Apalpador é un personaxe mítico galego que baixa polo Nadal a levarlles os agasallos ás nenas e nenos. Entra de noite nos seus cuartos cando están a durmir e apálpalles a barriguiña por ver se xantaron abondo e déixalles, ademais dos xoguetes, unha presa de castañas. Na súa web podedes atopar información sobre as súas orixes e material didáctico e recursos para coñecer mellor a historia do Apalpador e a Noite do Apalpadoiro. Recentemente vimos de renovar o convenio coa Irmandade dos Apañacastañas para seguir fomentando esta figura do Nadal Galego.

A campaña foi deseñada por Xoana Pousa creadora multidisciplinar coruñesa formada en Belas Artes, coñecida tamén coma Cuchiflainas polo seu proxecto de roupa, accesorios e ilustración. Máis información na súa web.

Para poder aproveitar a promoción de desconto nos prezos do .gal que trae o Apalpador, é preciso dirixirse ás empresas rexistradoras Blacknight, Dinahosting, INWX, CDMon, Openprovider, Arsys, Radia e OVH.com, que ofrecen distintas políticas de prezos e servizos con rexistro de dominios novos. PuntoGal recomenda visitar todas as páxinas das empresas participantes na promoción e atopar a que se adapte mellor ás súas necesidades. Toda a información atópase na páxina www.dominio.gal/promocions/.

PuntoGal, que xa supera os 6.100 dominios rexistrados, segue traballando para que todas aquelas persoas, asociacións, institucións e empresas que queiran visibilizarse na rede como parte da comunidade galega poidan facelo cun prezo competitivo.

O dominio ampliou o seu programa corporativo de apoio a iniciativas relacionadas coa lingua, a cultura e as TIC en Galicia, por iso segue axudando á iniciativa do Apalpador cada ano. Entre as últimas actividades realizadas figura o patrocinio dos Premios Paraugas entregados o 12 de novembro, a colaboración coas Galescolas de fútbol gaélico e o patrocinio do programa de Twitch de divulgación científica en galego Balea Vermella. O dominio forma parte, igualmente, da Asociación internacional de dominios Geotlds, ademais de estar integrado no RYSG Group e manter unha presenza activa nas actividades da ICANN, organismo internacional que xestiona a rede a nivel mundial.

Máis información en www.dominio.gal ou no 670226268.

Compartir

Compartir