Logotipo PuntoGal
Logotipo PuntoGal
M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociaciones

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociacións

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

25/03/25
Por que nos sumamos ao UA Day

Este venres, día 28, PuntoGal únese á celebración a nivel mundial o Día da Aceptación Universal (Universal Acceptance Day), unha efeméride que reivindica un uso de internet que sexa inclusivo e accesible en todas as linguas. O concepto de Aceptación Universal, UA, refírese aos requisitos técnicos que garanten que todos os nomes de dominio e enderezos de correo electrónico válidos, independentemente do seu alfabeto, idioma ou lonxitude de caracteres, poidan ser utilizados por igual por todas as aplicacións, dispositivos e sistemas conectados a internet, sen restricións nin problemas de funcionamento.

A celebración comezou en 2023, impulsada polo grupo directivo de UA da ICANN (Corporación da Internet para a Asignación de Nomes e Números), a entidade que coordina de forma internacional o sistema de nomes de dominio e asigna os enderezos IP, e supuxo a primeira experiencia de mobilización e traballo conxunto e de comunidades técnicas e lingüísticas, empresas, gobernos e outros actores locais, rexionais e estatais a prol dunha internet multilingüe a escala global.

Nesta terceira edición, que se desenvolve coa colaboración da UNESCO, a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, a comunidade impulsora ten programados medio cento de actos, que comezaron co inicio de mes en Perú e que inclúen actividades de difusión e visibilidade nos cinco continentes que se prolongarán ata finais de maio. Neste amplo programa inscríbese a xornada que PuntoGal organiza este venres xunto coa ICANN, e coa colaboración do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia e mais do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación, na Facultade de Comunicación Audiovisual da Coruña (Campus de Elviña)  para aclarar dúbidas prácticas sobre a UA e avogar pola súa implantación universal.

Trátase da segunda edición desta xornada, que PuntoGal organizou o ano pasado xunto coa Universidade de Vigo, e que nesta nova xeira vén acompañada dunha pequena guía informativa na que se dan as claves do valor esencial da UA para garantir unha adecuada inclusión dixital das distintas comunidades lingüísticas.

Compartir

Compartir