Hai moitas formas de coidar ao medio ambiente, pero ningunha mellor que unha alimentación sana con produtos sacados directamente da natureza, sen envases nin plásticos de por medio. Se buscas un lugar onde mercar alimentación de calidade, O Graneiro de Amelia é o teu lugar.
Pregunta: Contádenos un pouco, quen sodes en amelia.gal e que facedes?
Resposta: Amelia.gal é a tenda online de O Graneiro de Amelia. Quixemos levar á rede a filosofía das nosas tendas, onde podes mercar produtos de primeira calidade que seleccionamos persoalmente para poder ofrecer o mellor dos nosos campos. Ademais, apostamos pola eliminación dos envases innecesarios, axustamos os nosos transportes para minimizar o seu impacto e ofrecemos a posibilidade de mercar únicamente a cantidade que precisas e non a que che impoñen, evitando así toneladas de desperdicios.
P: Por que usades amelia.gal para a vosa web?
R: Amelia era a avoa que comezou todo esto cun postiño na praza de abastos e foi quen nos ensinou tódolos valores que hoxe guían a nosa marca. Cremos que .gal representa tamén eses valores, apostando por un proxecto galego que nos identifica en tódolos sentidos.
P: De onde xurdiu a idea do voso negocio?
R: A esencia do noso negocio nace en 1914, ano do nacemento de Amelia, quen se encargou de inculcar uns valores baseados no esforzo no campo, a humildade e a continuidade. Foi unha persoa chea de vitalidade moi coñecida na praza de abastos de Pontevedra, onde vendía flores.
P: Cales son os vosos plans de futuro? Cara onde queredes ir?
R: Os nosos plans de futuro básanse en seguir concienciando ao consumidor, apostando por un modelo de consumo responsable e ofrecendo unha alternativa que permita poder mudar eses pequenos hábitos cotiáns e inculcar condutas sostibles ás novas xeracións. Tenemos sempre como base a calidade dos produtos do noso campo e a importancia da alimentación saudable.
P: Onde traballades principalmente e cales son os vosos proxectos?
R: Actualmente traballamos maiormente na comunidade galega. Temos presenza nas principais cidades de Galicia. Contamos tamén con algúns puntos de venda físicos noutras comunidades, como Andorra ou Madrid, na que a demanda dos nosos produtos é moi alta. Pero como dicía Amelia, pouco a pouco… A nosa tenda online permitiunos ter presenza en calquer punto de Galicia e do estado español. Son moitas as compras que nos chegan doutras comunidades, de xente que probou os nosos produtos cando estaba de visita e quere repetir, ou de persoas que fan as súas compras atraídas pola boa fama dos produtos galegos.
P: Que pensades que vos ofrece o dominio .gal?
R: O dominio .gal é necesario na nosa identidade xa que todo o que rodea o proxecto é da nosa terra. Á hora de lanzar a nosa tenda online, amelia.gal, quixemos seguir mantendo esa identidade local que nos caracteriza. Este dominio permítenos ter presenza na aldea global sen perder a referencia das nosas orixes.
P: Se hai algo máis que queirades comentar aos nosos lectores, este é o lugar.
R: Animar a todo o mundo a visitarnos, coñecer os nosos produtos e a adoptar hábitos de consumo non só máis saúdables, senón tamén máis conscientes e sostibles. Estaremos encantados de recibilos nas nosas tendas físicas ou na nosa tenda online amelia.gal.